La: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Engadido: gu:ઊન
arranxiños
Liña 1:
:''Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase [[La (notamúsica)|La]], e para o do elemento químico de símbolo La véxase [[Lantano]].''
[[Ficheiro:Wool.www.usda.gov.jpg|right|250px|thumb|Imaxe dun feixe de la.]]
 
A '''la''' (do [[latín]] ''lana'') obtense da extracción do [[pelo]] ondulado da [[ovella]] ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.
 
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do [[algodón]], máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de [[fiar]] nas [[Roca|máquinas tecedoras]] a partir da [[revolución industrial]].
 
== Obtención da la ==
As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha [[ovella]] produce ao ano de un a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo trátese dunha raza ou outra.
 
As partes illadas do vellón mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vellón ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.