Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m recat.
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiños
Liña 39:
 
===''Vs''===
O segundo traballo da banda éfoi lanzado en outubro de [[1993]] baixo o nome de ''[[Vs.]]'' (aínda que o título non aparece en ningún lugar do disco). O grupo cambiacambiou outra vez de baterista:, [[Matt Chamberlain]] sairía para tocar na banda do programa de televisión ''Saturday Night Live'', e no seu lugar entraría [[Dave Abbruzzese]]. O disco éfoi moi ben recibido e o seu primeiro día vendería 350.000 copias.
[[File:EVedder06.jpg|thumb|200px|[[Eddie Vedder]] e [[Matt Cameron]]]]
Nese período a banda comeza a amosarse insatisfeita coa política comercial da Ticketmaster, a empresa estadounidense que controla a venda e distribuición das entradas dos concertos feitos nese país. O principal motivo era o prezo desas entradas, que a banda sempre loitou para manter baixo, ao contrario do que efectivamente acontecía. En maio, reclaman oficialmente á xustiza para unha investigación, acusándoos de monopolio, xa que non había outras empresas para así promover unha competencia, e, consecuentemente, baixar os prezos e forzar a mellora dos servizos. Rompen coa empresa e pasan a promover e organizar os seus propios concertos, obtendo apoio doutros artistas, como [[R.E.M.]], [[Aerosmith]] e [[Neil Young]]. Isto dificulta bastante a vida da banda, xa que a Ticketmaster facilitaba bastante ese proceso e eles acaban entrando nun baixón, que culmina con algúns problemas internos, ao mesmo tempo no que o Departamento de Xustiza desiste de investigar a Ticketmaster.