Foro (contrato): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{enuso}} O '''foro''' é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución lle cede a outra o uso ou p..."
 
Xas (conversa | contribucións)
Liña 44:
Durante a I República aprobouse, e púxose en práctica, unha lei de redención de foros, defendida polo republicano [[José Manuel Paz Nóvoa]]. Estivo en vigor apenas seis meses (de agosto de 1873 a febreiro de 1874), de modo que foron poucos os foreiros que puideron acceder á redención das súas rendas forais. Pero tivo o mérito de abrir a primeira fenda no vello edificio do foro galego. A solución á súa indefinición legal (temporal e perpetua á vez) era a súa eliminación, mediante a indemnización ó perceptor de rendas por parte do pagador. O redencionismo, que tamén se fora abrindo paso na política desamortizadora dende a época de Madoz, era a posición claramente triunfante fronte a un posible reversionismo que carecía de lexitimidade.
 
Dende 1874 en adiante, ata 1926, sucedéronse varios proxectos de redención foral, que non lograron traducirse en leis (entre os máis coñecidos, o de [[Montero Ríos]], en 1886, e o de [[Eduardo VicentiVincenti]], en 1907). O definitivo Código civil de 1889 estableceu a necesidade de que, por unha lei especial, se regulara a redención de foros. Publicáronse daquela textos xurídicos e históricos importantes sobre a cuestión foral (Murguía, Gil Villanueva, López de Lago, Pérez Porto, Lezón...), pero a decisión política de resolvela non chegou ata un decreto lei de 1926, froito da política agraria de Primo de Rivera, atenta á promoción do mercado interior e á posición dos produtores agrarios. O decreto de Primo de Rivera regulou definitivamente o termo dos contratos de foro mediante unha capitalización elevada das rendas, pero soportable pola inflación que se producira despois da I Guerra Mundial.
 
Nos anos posteriores a este decreto, incluídos os da II República que aliviaron algunhas partes do proceso de redención, tivo lugar a derradeira fase de eliminación do réxime foral, que legalmente culminou durante o franquismo. Despois de séculos de conflitos en torno ao sistema foral, a liquidación deste vello contrato agrario efectuouse sen moitas dificultades. Certamente, este final non sería comprensible sen ter en conta as décadas previas, nas que a cuestión foral se situou no epicentro da vida social e política da Galicia tanto rural coma urbana.