O home de Vitruvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
cursiva e algunhas correcci´`ons
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|thumb|250px|right|Fotografía do manuscrito]]O '''''Home de Vitruvio''''' é un famoso [[debuxo]] acompañado de notas [[anatomía|anatómicas]] de [[Leonardo da Vinci]] realizado ao redor do ano [[1492]] nun dos seus diarios. Representa unha figura masculina espida en dúas posicións sobreimpresas de [[brazo]]s e [[Perna|pernas]] e inscrita nun [[círculo]] e un [[cadrado]]. Trátase dun estudo das proporcións do corpo humano, realizado a partir dos textos de arquitectura de [[Vitruvio]], [[arquitectura|arquitecto]] da [[antiga Roma]], do cal o debuxo toma o seu nome.
 
Liña 8 ⟶ 9:
O cadrado está centrado nos xenitais, e o círculo no [[embigo]]. A relación entre o lado do cadrado e o raio do círculo é a [[razón áurea]]. Para Vitruvio o corpo humano está dividido en dúas metades polos [[órgano sexual|órganos sexuais]], mentres que o embigo determina a [[sección áurea]]. No recentemente nado, o embigo ocupa unha posición media e co crecemento ''migra'' ata a súa posición definitiva no adulto.
 
De acordo coas notas do propio Leonardo no ''Home de Vitruvio'' danse outras relacións:
 
* Unha [[palma]] equivale ao ancho de catro [[dedo]]s.
Liña 31 ⟶ 32:
* O inicio dos [[xenitais]] marca a metade da altura do home.
 
O redescubrimientoredescubrimento das [[proporción]]s [[matemáticas]] do corpo humano no [[século XV]] por Leonardo e outros autores, está considerado como un dos grandes logros do [[Renacemento]].
 
O debuxo tamén é a miúdo considerado como un [[símbolo]] da [[simetría]] básica do corpo humano e, por extensión, do [[universo]] no seu conxunto.
 
Examinando o debuxo pode notarse que a combinación das posicións dos brazos e pernas crea realmente dezaseis (16) posicións distintas. A posición cos brazos en cruz e os pés xuntos vese inscrita no cadrado sobreimpreso. Por outra banda, a posición superior dos brazos e as dúas das pernas vese inscrita no círculo sobreimpreso. Isto ilustra o principio de que no cambio entre as dúas posicións, o centro aparente da figura parece moverse, pero en realidade o embigo da figura, que é o centro de gravidade verdadeiro, permanece inmóbil.
 
Este debuxo aparece no reverso da [[Moedas de euro de Italia|moeda de euro de Italia]].