Historia do Sáhara Occidental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ligint
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O [[Sahara Occidental]] nunca formou un estado no sentido moderno da palabra. Aínda que hai achados prehistóricos e houbo colonias fenicias no territorio arredor do século VI a.C., os primeiros habitantes coñecidos do territorio foron tribos bérberes. Coa chegada do [[Islam]] no século [[século VIII]], chegan tamén os árabes e en especial os [[Beni Hassan]], no século XV, que van acabar mesturados coas tribos bérberes locais para dar orixe á actual poboación saharaui.
 
A poboación saharaui, ata a chegada dos europeos, organizábase en grupos de familias (fahed) que se agrupaban en cabilas ou tribos, que constituían a unidade social básica dos saharauis, e que ligaba a un grupo unido por un lazo de parentesco patrilineal, que con frecuencia entraban en conflito entre si e que deu orixe a numerosas guerras tribais ata o [[século XX]]. A tribo máis importante era a dos [[Erguibat]]. Fóra da división tribal quedaban os ''maalemin'' (artesáns), ''iggaugen'' (trobadores), ''abid'' (escravos ) e ''haratin'' (libertos).