Rei Bruxo de Angmar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Rei Bruxo de Angmar''' tamén coñecido como '''Señor dos Nazgûl''' ou '''Capitán Negro''', é un personaxe ficticio da saga d`'[[O Señor dos Aneis]] creado polo escritor británico [[J. R. R. Tolkien]].
 
Tódolos [[Nazgûl]] portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o Rei Bruxo de Angmar, esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida" que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]], brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
 
==Historia==
Despois do afundimento de [[Númenor]], pasou a ser o máis temido servo de [[Sauron]] e na [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]] instalouse no zona setentrional das [[Montañas Bretemosas]], no Reino de [[Angmar]]. Dende alí, enfrentouseenfrontouse a [[Arnor]], o reino dos exiliados descendentes dos [[Númenor|Numenorianos]] ata que en 1975 T.E. [[Arvedui]], derradeiro rei de [[Arthedain]], viuse obrigado a fuxir ante a invasión de [[Angmar]] e morreu conxelado nas aguasaugas do norte.
 
O fillo do rei [[Eärnil II]] de [[Gondor]], [[Eärnur]], acudiu cunha inmensa flota dende o sur e desembarcou en Mithlond onde se lle uniron os [[Noldor]] e se reuniron en Annúminas cun exército vido de [[Valfendido]] ó mando de [[Glorfindel]]. Alí o Rei Bruxo fuxiu deles e repregouse en [[Fornost]], en cuxa chaira levouse a cabo a [[Batalla de Fornost]]. En aquela ocasión foi detido por [[Glorfindel]], quen profetizou que "non caerá por man de home algún" pero aquela derrota obrigou ó Rei Bruxo a fuxir ó sur. Tomou [[Minas Ithil]] e pasou a chamala [[Minas Morgul]], a torre da feiticería. Anos despois, [[Eänur]] accedeu ó trono de [[Gondor]] e foi retado polo Señor dos Nazgûl a combate singular. A pesar dos consejosconsellos de Malbeth, Eärnur precipitouse aló combate e deste xeito desapareceu o último rei de Gondor.
 
Na Guerra do Anel, ó final da Terceira Idade da [[Terra Media]], acoitelou a [[Frodo Bulseiro|Frodo]] cun Puñal de Morgul na Cima dos ventos, esta ferida nunca sanaría de todo. O Rei Bruxo sucumbiu durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], pero non foi un home quen o derrotou. [[Éowyn]], a sobriña do rei de [[Rohan]] acabou con el, coa axuda do [[hobbit]] [[Meriadoc Brandigamo]].