Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
→‎División: lig int
Liña 36:
 
==División==
 
As diferenzas entre os dous sectores agudízanse a fins de 1986, mesmo votando no Parlamento por separado os orzamentos, o [[16 de setembro]] Coalición Galega quedou con 6 escanos ao pasar os outros 5 deputados ao grupo mixto. En xaneiro de [[1987]], eses deputados que representaban os sectores máis nacionalistas e progresistas de Coalición Galega, dirixidos por Pablo González Mariñas e [[Xosé Henrique Rodríguez Peña]], forman o [[Partido Nacionalista Galego]]. Neste novo partido confluirá o que quedaba do PG e dará lugar ao PNG-PG.<ref> Beramendi, J. e Núñez Seixas, Xosé Manuel, ''O Nacionalismo Galego'', Ed. A Nosa Terra, Vigo 1995, pax. 276</ref>.
 
Para concurrirconcorrer ás [[Eleccións Municipais 1987 en Galicia|eleccións municipais de 1987]] CG forma a [[Coalición Progresista Galega]] xunto ao [[Partido Demócrata Popular]] de [[Enrique Marfany]] e o [[Partido Liberal (España 1977)|Partido Liberal]] de [[José María Pardo Montero]], conseguindo o 11.07% dos votos e 607 concelleiros. Coalición Progresista Galega resultaba ser a terceira forza política de Galicia, moi por riba dos seus inmediatos seguidores: O CDS con 274 concelleiros e o BNG con 143.
 
==Tripartito: a experiencia de Goberno==