Vándalos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: ca:Vàndals
Liña 1:
[[Ficheiro:VandalenHeinrich_Leutemann,_Plünderung_Roms_durch_die_Vandalen_(c._1860–1880).jpg|thumb|right|250px|A reputación tradicional dos vándalos: unha visión idealizada do saqueo de [[Roma]] en [[455]] por [[Heinrich Leutemann]], cara a 1870.]]
 
Os '''vándalos''' foron un pobo de [[Europa]] central, un dos pobos [[indoeuropeos]] da familia [[pobos xermánicos|xermánica]] que habitaban as rexións ribeiregas do [[Báltico]] (na zona das actuais [[Alemaña]] e [[Polonia]]). Os [[lugiones]] ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do [[río Vístula|Vístula]] e xunto ao [[río Oder|Oder]], ata o norte de [[Bohemia]]. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados». Parece ser que ao principio as tribos dos vandulii (ou vandali) e a dos lugii (ou lugiones), xunto coas dos silingos, omanos, buros, varinos (seguramente chamados tamén auarinos), didunos, helvecones, arios ou charinos, manimios (talvez denominación variante de omanos), elisios e naharvales correspondían a pequenos grupos de orixe similar (aínda que non está claro que todas as citadas fosen do mesma orixe), integrando outra rama do grupo dos [[hermiones]] (unha rama do cal eran os [[suevos]] e tribos afíns), formándose despois un gran grupo identificado xeralmente como lugiones, cuxo nome predominaba para designar a todos os pobos compoñentes, incluídos os vándalos. Máis tarde ([[século II]]) acabou prevalecendo o nome de vándalos para o conxunto de pobos. Tamén pobos celtas, como os osen ou osos e os cotinos, entraron na agrupación dos lugiones.