Neolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.5.1) (bot Engadido: is:Nýsteinöld
Xas (conversa | contribucións)
véxase tamén
Liña 1:
{{Idades}}
 
[[Ficheiro:Stonehenge back wide.jpg|thumb|335px|right|[[Stonehenge]]]]
O '''Neolítico''', ''Nova Idade de Pedra'', (do [[grego antigo|grego]] ''neós'' "novo" e ''lithos'' "pedra"), por contraposición a [[Paleolítico]] ou ''Vella Idade de Pedra'', é un dos períodos en que se considera dividida a [[Prehistoria]]. Inicialmente se lle deu este nome en razón dos achados de ferramentas de pedra pulimentada que parecían acompañar ó desenvolvemento e expansión da agricultura. Hoxe en día defínese o neolítico precisamente en razón do coñecemento e uso da [[agricultura]] ou da [[gandaría]]. Normalmente, pero non necesariamente, vai acompañado polo traballo da [[olería]].
 
== Desenvolvemento ==
O Neolítico ou [[Revolución Agrícolaneolítica]] tivo o seu desenvolvemento en [[Oriente Próximo]], dende onde se estendeu por [[Asia]], [[Europa]] e [[África]]. Así a todo, tanto en Asia Oriental como en [[América]] cabe pensar nun desenvolvemento autóctono, ó menos en gran medida.
 
* [[Neolítico en Oriente Próximo]]
Liña 17:
 
A partir do ano 8.000 a.C. o cambio climático (época Pos-glaciar) fixo fuxir os rabaños de renos cara ó Norte, provocando unha diminución da caza. Declinou a cultura, volvendo o home ás covas (inda que nalgúns casos illados se conservaron as cabanas). O culto ós defuntos e os rituais funerarios se fixeron máis complexos. Esta época é chamada "período de marasmo" e sitúase no final do [[mesolítico]] e o principio do neolítico. Este cambio de clima cara ó 8.000 a.C. (en que se pasou a un clima temperado) fixo que o home modificara os seus costumes (o que se facilitaría polos cambios climáticos -temperado, frío, temperado, frío- do período 12.000 a 8.000 a.C.). As diferenzas culturais dunha zona a outra son perceptibles pero resulta imposible dar outro cualificativo ós homes que poboan extensas zonas cá de “[[Homo sapiens]]” ou “[[Home de Cro-Magnon]]” (unha das variedades do [[Homo sapiens]]), sen que poidan establecerse diferenzas étnicas rexionais que necesariamente houberon de darse polo desenvolvemento separado dos distintos grupos, o ambiente xeográfico distinto, a diversa climatoloxía, os hábitos alimentarios diferentes, e os múltiples costumes locais. Do establecemento da gandaría, e dunha economía de base gandeira, xorde a transhumancia, que pon en contacto os pobos, e consecuentemente a facilidade de comunicación entre culturas diversas e os contactos relativamente frecuentes entre xentes de diversas terras, e unha maior comunicación entre as diversas tribos. A emigración de tribos e a difusión de técnicas que cada grupo aprende do veciño, vai estendendo as culturas neolíticas dende o seu foco orixinario ó resto do mundo. Destes contactos e do desenvolvemento simultáneo da agricultura xorden, entre outras cousas, os primeiros muíños manuais para moer os grans que se cultivan.
 
== Fases do Neolítico ==
O Neolítico divídese en tres fases:
Liña 85 ⟶ 86:
Os sistemas de moer fariña con muíños de pedra apareceron no Neolítico. A pasta ou masa (fariña e auga) cocíase en pedras quentes. Máis tarde descubriuse o sistema de fermentación e a súa cocción pasou a realizarse en fornos cada vez máis evolucionados. Fabricábase o pan con fariña de trigo, de cebada e de centeo, e probablemente tamén con fariña doutros cereais (millo, avea...).
 
=== O Neolítico Medio ou Pleno ===
 
O Neolítico Medio ou pleno podemos situalo entre o [[3500 a.C.]] e o [[2500 a.C.]].
 
Liña 98:
 
Nesta época xa apareceron algúns elementos de bronce en [[Francia]], cara ó final do período.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Revolución neolítica]]
 
[[Categoría:Neolítico]]