Río Orange: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Rio | nome = Miño | imaxe = 300px | lenda = Serán no Río Orange cerca de Upington. | nace ..."
 
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
O '''río Orange''' é o segundo [[río]] máis importante do sur de [[África Austral|África]] despois do [[río Zambeze]] e o máis importante da [[república de Sudáfrica]]. Nace nos montes [[Drakensberg]] en [[Sudáfrica]] e percorre a fronteira entre este país e [[Lesotho]], a uns 193 km da costa do [[océano Índico]]. O río Orange encamíñase non obstante cara ao oeste, nun percorrido de 2.200 km, trazando a fronteira meridional da [[Provincia do Estado Libre]]. Posteriormente discorre delimitando a fronteira entre [[Namibia]] e Sudáfrica e desemboca no [[océano Atlántico]] na cidade de [[Alexander Bay]], a metade de camiño entre [[Walvis Bay]] e [[Cidade do Cabo]].
 
O seu afluente máis destacado é o [[río Vaal]], que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de [[Johannesburgo]] e forma a fronteira entre o [[Transvaal]] e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de [[Kimberley (Cabo Septentrional)|Kimberley]]. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de [[Kalahari]] e [[Namaqualand]].
 
Durante os últimos 800 km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios [[wadi]]s. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.