Imperio Británico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
Así, en [[1670]] xa existían colonias inglesas estables na América do Norte (Nova Inglaterra, Virxinia, Carolina) e en [[Illa Antiga|Antiga]], [[Barbados]], [[Belize]] e [[Xamaica]], ben como unha penetración comercial na [[India]] desde 1600, grazas á [[Compañía Británica das Indias Orientais]]. Funda desde 1660, en África, postos de captación de escravos para as plantacións americanas, apoderándose, o século seguinte en [[1787]], de moitos territorios entre o [[Río Gambia]] (encravado no [[Senegal]] francés) e a [[Nixeria]], abarcando a famosa [[Costa do Ouro]], o actual [[Gana]]. O [[século XVIII]] é, deste modo, o período de afirmación e maduración do proxecto colonial británico.
 
O seu único revés neste período, forte de feito, será a [[Revolución Americana|independencia dos Estados Unidos]], en [[1776]]. Esta perda será compensada co inicio da [[colonización de Australia]] en [[1783]] e máis tarde da [[Nova Celandia]] a partir de [[1840]], para onde envía inicialmente deportados.
 
A súa armada mantense superior á demais coa [[Batalla de Trafalgar]] en [[1805]], impondo unha vez máis unha pesada derrota a un adversario. O dominio de novas colonias é constante nesta altura - [[Malaca]], desde [[1795]], [[Ceilán]], [[Trindade e Tobago - Trinidad and Tobago|Trindade e Tobago]], en [[1802]], [[Malta]], [[Santa Lucía]] e [[Mauricia]], en [[1815]], despois da derrota napoleónica e do seu bloqueo continental.
Liña 38:
O [[século XIX]] marca o auxe do Imperio Colonial Británico, cuxa expansión económica e humana é favorecida polo desenvolvemento do capitalismo financeiro e industrial, ben como pola presión demográfica elevada.
 
Por outro lado, marca unha nova administración e xestión da realidade colonial. Exemplo diso é o goberno directo da Coroa na India. Aí, porén, producirase a primeira gran revolta contra o dominio colonial británico: a [[revolta dos sipais]], en [[1858]], que ditará o fin da [[Compañía Británica das Indias Orientais]]. En [[1877]], a [[raíña Vitoria]] - nun xesto de cohesión fronte ás autonomías ou aspiracións máis radicais - proclámase imperatriz da India, que comprendía un extenso territorio entre a fronteira irano-paquistaní e a [[Birmania]] e entre o [[Océano Índico]] e o [[Tibet]]. Na [[China]], estabeleceuse en [[Xangai]]. Na África, aliméntase cada vez máis o soño de construír un imperio inglés entre o [[Cairo]], no Exipto, e a [[Cidade do Cabo]], na [[África do Sur]], o que é conseguido despois da [[Conferencia de Berlín]] ([[1884]]-[[1885]]), que lexitima a anexión de todos os territorios ao longo dese corredor africano (Exipto, [[Sudán]], [[Quenia]], [[Cimbabue - Zimbabwe|Rodesia]], [[Transvaal]], etc.).
Neste último, entre [[1899]] e [[1902]], trabará a primeira guerra do imperio, contra os bóers (descendentes de colonos holandeses estabelecidos desde o século XVII na África do Sur), que se tornarán autónomos en [[1910]] (Unión Surafricana).