Irish National Liberation Army: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
O INLA é unha organización ilegal na [[República de Irlanda]] onde está clasificada como tal baixo as [[Actas de Ofensas contra o Estado 1939-1998]]. O goberno irlandés emitiu unha orde de supresión en [[1983]].<ref>[http://www.justice.ie/en/JELR/hederman%20report.pdf/Files/hederman%20report.pdf THE OFFENCES AGAINST THE STATE ACTS, 1939 - 1998], {{en}}.</ref> O [[Reino Unido]] ilegalizouno coa lexislación anti-[[terrorismo|terrorista]].<ref name=uk_illegal>[http://www.homeoffice.gov.uk/security/terrorism-and-the-law/terrorism-act/proscribed-groups Home Office - Proscribed Terror Groups] — Páxina web do [[Home Office]], accedido o [[5 de agosto]] de 2008, {{en}}.</ref>
==Historia==
===Fundación===
Os fundadores do INLA foron [[Seamus Costello]] e outros activistas que deixaran ou foran expulsados do [[Official Irish Republican Army|IRA Oficial]] durante o [[alto o fogo]] do OIRA de [[1972]] e a postura cada vez máis reformista que estaba a tomar o [[Official Sinn Féin]]. Costello adoptou unha postura que mesturaba o [[republicanismo]] tradicional con posturas [[marxismo|marxistas]]. Pouco despois de ser creado, o INLA foi atacado polos seus antigos compañeiros do OIRA, que tentaban destruír o grupo antes de que puidese medrar.
 
O [[20 de febreiro]] de [[1975]], [[Hugh Ferguson]], membro do INLA e cargo do [[IRSP]], foi o primeiro membro en ser asasinado. Unha das primeiras operacións militares do INLA foi o atentado contra o xefe do OIRA [[Seán Garland]] en [[Dublín]] o [[1 de maio]]. Aínda que recibíu seis disparos, sobrevivíu. Logo de varios atentados acordouse unha tregua, pero ao pouco comezaron de novo as loitas. A vítima máis importante da reanudada loita foi [[Billy McMillen]], comandante do OIRA en Belfast, asasinado polo membro do INLA Gerard Steenson. O seu asasinato non fora autorizado pola dirección e foi condenado por Seamus Costello<ref>''The Lost Revolution: The Story of the Official IRA and the Workers' Party'', Brian Hanley and Scott Millar, Penguin Books, ISBN 1844881202 pp. 296–297</ref>. Isto foi seguido por varios asasinatos máis por parte dos dous bandos, nos que foi morto [[Seamus Costello]], asasinado en [[Dublín]] o [[6 de outubro]] de [[1977]].
 
==Vítimas==
Segundo a [[base de datos]] [http://cain.ulst.ac.uk/sutton/crosstabs.html Sutton] da Universidade do Ulster, o INLA foi responsábel de 113 mortes durante o período coñecido como ''[[The Troubles]]'', entre [[1969]] e [[2001]]. Segundo o ''[[Roll of Honour]]'' do INLA, 33 dos seus membros morreron durante o conflito<ref>[http://www.irsm.org/fallen/roll.html Irish Republican Socialist Roll of Honour], accedido o [[19 de xaneiro]] de [[2011]], {{en}}.</ref>