Enrique Campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
'''Enrique Campo Sobrino''', nado en [[Pontevedra]] o [[21 de setembro]] de [[1890]] e morto, na mesma cidade, o [[2 de xuño]] de [[1911]], foi un pintor e debuxante que destacou polos seus traballos para a [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]].
 
Na súa familia, acomodada e vinculada coa arte a a cultura, cómpre recordar a [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Fernando Campo Sobrino]], curmán e irmán de Enrique, respectivamente. O pai de Carlos Sobrino, o médico Luís Sobrino Rivas, foi membro fundador da Sociedade Arqueolóxica e a el debeuse a relación destes tres artistas (Carlos Sobrino e mais Enrique e Fernando Campo) con Sampedro.
 
Sendo aínda un rapaz entrou xa en relación con [[Casto Sampedro]], que en [[1894]] fundara a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Casto Sampedro apreciou axiña a calidade dos debuxos de Enrique e a súa capacidade de traballo e de observación, ata o punto de nomealo socio de mérito da Sociedade o [[3128 de decembro]] de [[1906]], con só 16 anos. Desde ese momento converteuse en debuxante oficial e colaborador habitual da mesma.
 
Enrique Campo debuxou centos de edificios, monumentos, [[petróglifo]]s, escudos e distintas pezas de arte, ó longo das continuas viaxes que realizou por terras de Pontevedra, só ou acompañando os membros da Sociedade. Especialmente produtiva foi a viaxe que realizou durantedesde omaio verán ea outono de [[1909]], xunto o gravador compostelán [[Enrique Mayer]], co propósito de recoller material para a Exposición Rexional Galega que [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]], entre outros, organizou en [[Santiago de Compostela|Santiago]] a finais dese mesmo ano, e na que Enrique Campo foi designado delegado da sección arqueolóxica. Durante o percorrido escribiu un ''Diario'' no que detallaba os itinerarios seguidos: o Morrazo, Vigo, Tui, Baiona, Gondomar, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra, Ribadavia, Melón, O Carballiño e Cea, para regresar por terras do Deza e o Ulla ata rematar en Santiago. No diario engadindoengadiu comentarios artísticos, topográficos e etnográficos, que publicou [[Xosé Filgueira Valverde|Xosé Filgueira]] en [[1944]].
 
Rematada esta xeira e a montaxe da Exposición, en outubro de 1909 marchou a [[Madrid]] para cursar estudos artísticos, cunha bolsa concedida pola [[Deputación de Pontevedra]], que simultaneaba cun traballo de administrativo na Compañía de Tabacos. Como mantén o seu interese pola [[arqueoloxía]], decide organizar pequenas viaxes polas cercanías de Madrid e na primeira que fai descobre, o 8 de decembro, unha [[altar|ara romana]] nas proximidades da Ponte dos Franceses, a primeira ara romana que se atopaba en Madrid e que hoxe se conserva no [[Museo Arqueolóxico Nacional de España|Museo Arqueolóxico Nacional]]. O achado serviulle para ser nomeado membro correspondente da Real Academia de Historia en [[1910]].