Post-rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
m de es.wiki
Liña 16:
 
Aínda que está fortemente enraizado coa escena indie e ''underground'' dos 80 e os 90, o estilo post-rock polo xeral aseméllase moi pouco a nivel musical ao [[indie rock]].
 
== Orixe do termo ==
O termo "post-rock" foi acuñado polo crítico Simon Reynolds na súa reseña do álbum ''Hex'' de Bark Psychosis, publicado no número de marzo de [[1994]] da revista ''Mojo''. Reynolds expandeu esa mesma idea no exemplar de maio de [[1994]] da revista ''The Wire''.
 
{{cita|Quizais a área realmente provocativa para un desenvolvimento futuro da música está no... rock cyborg; non nun abrazo incondicional á metodoloxía [[techno]], pero si algún nivel de interacción entre o desempeño musical ao vivo, con instrumentos reais e o uso de efectos e melloras dixitais.|Simon Reynolds}}
 
Nunha entrada de xullo de [[2005]] no seu blog, Reynolds declarou que usara o termo "post-rock" antes de publicalo en ''Mojo'', nun diario de música chamado ''Melody Maker''. Máis adiante tamén declarou que atopara que o termo non foi da súa propia creación, publicando no seu blog que "a pesar de que eu xenuinamente crin que estaba acuñando o termo, descubrín que este estivo flotando no ambiente durante máis dunha década". O termo tamén foi usado por James Wolcott nun artigo de [[1979]] sobre Todd Rundgren.
 
== Véxase tamén ==