Agrupación Cultural O Facho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Xurdiu como un colectivo cultural que agrupaba aos defensores da lingua galega e que permitiu un primeiro desenvolvemento político organizado contra a ditadura. Entre os seus promotores estaban [[Henrique Harguindey]], [[Andrés Salgueiro]], [[Xosé Luís Carneiro]] e [[Xosé Luís Rodríguez Pardo]].
 
A Agrupación organizou cursos de lingua galega, creou un grupo de teatro do que foi responsábel [[Manuel Lourenzo]], organizou o primeiro certame de banda deseñada de Galicia e realizou en [[1975]] unha mostra de banda deseñada que recollía os traballos do "Grupo do Castro". Estableceu un premio para a literatura infantil e xuvenil, galardón que recaeu na primeira edición de [[1968]] no libro de [[Carlos Casares]] ''[[A galiña azul (libro)|A galiña azul]]''. Tamén organizou excursións para coñecer a cultura do país, a celebración do Día das Letras ou dun programa de radio en galego en [[1973]].