Reloxo de auga: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
m arranxos |
||
Liña 8:
A clepsidra de saída con forma de cunca é a forma máis sinxela dun reloxo de auga, existía xa en [[Babilonia]] e [[Exipto]] arredor do século XVI a. C. Nestas clepsidras de saída a regra situábase no interior da cunca, existindo unha regra horaria para cada mes do ano exipcio.
Outras rexións do mundo, incluíndo [[India]] e [[China]], tamén teñen evidencias precoces de reloxos de auga, pero as datas son menos seguras. Algúns autores afirman que os reloxos da auga apareceron na China no 4000 a.C.
Os gregos e romanos fixeron avances no deseño do reloxo de auga para incluír na clepsidra de entrada un sistema de retroalimentación inicial, e un mecanismo de fuga, que estaban ligados a autómatas e amosan unha maior precisión. En Bizancio fixeron outros avances, e particularmente no mundo islámico, con complexos segmentos e engrenaxes epiciclóides, facendo cada vez máis precisos os reloxos, incorporando rodas de auga, e programación, avances que eventualmente fixeron a viaxe de volta cara a Europa. Independentemente diso, os chineses desenvolveron os seus propios deseños e construccións de reloxos avanzados de auga
Estes primeiros reloxos de auga calibrábanse con un reloxo de sol. A pesar de non acadar un nivel de precisión comparable aos patróns
|