Esterco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo de acordo co dito hai tempo na conversa
Lameiro (conversa | contribucións)
refráns
Liña 7:
 
Cos [[fertilizante]]s sintéticos, o esterco deixou de empregarse bastante na agricultura intensiva, manténdose o seu uso nas leiras pequenas. A agricultura [[Ecoloxía|ecolóxica]] recuperouno porque ese enriquecemento da terra se fai sen o ujso de produtos químicos. O esterco, e igualmente a [[compostaxe]], é a base do chamado ''[[humus]]'' na agricultura ecolóxica.
 
==O esterco na cultura popular galega==
* A herba que come o teu gado ca esterca faiche bo pago.
* A sacha á mes en xaneiro válelle por un esterqueiro.
* Antes falte a palabra na praza que o esterco na corte.
* Auga de xaneiro medio esterqueiro.
* Ben cheira o diñeiro, inda que veña dun esterqueiro.
* Bo esterco, bo feito.
* Canto máis gando, menos esterco.
* Moito gando, pouco esterco.
* Onde moito gando, pouco esterco.
* Carro de folla, montón de esterco.
* De millor palla fixen eu esterco.
* Esterco de charamela, todo é candea.
* Esterco de charamela, todo é purrela.
* Esterco de fieito, grao polo peito.
* Esterco de folla, grau pola trolla.
* Esterco de palla, esterco de nada.
* Esterco de palla, grau pola barba.
* Esterco de silva, grau pola crisma.
* Esterco de xesta, grau pola testa.
* Esterco de xesta, grau por enriba da testa.
* O trigo coa xesta, pola testa; co toxo, polo hombro, e coa folgueira, pola caralleira.
* Si estrumas con rebola, dareiche pola gorra.
* Si estrumas con xesta, dareiche pola testa.
* Foches á folla, perdeches o tempo, carro de folla, cesto de esterco.
* Foches á folla, perdéche-lo tempo: un carro de folla, unha cesta de esterco.
* Nin de malva bon vencello nin de esterco bon olor, nin de mozo bon consello nin de puta bon amor.
* O diñeiro e o esterco, onde están, pulan.
* O que naceu no esterco, sempre cheira a el.
* Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar.
* Vaca de pouca erba, pouco leite e mala esterca.
 
==Véxase tamén==