Donald Davidson: Diferenzas entre revisións

filósofo estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Donald Davidson''' nado en Sprinfield o 6 de marzo de 1960 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley, foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2010 ás 00:21

Donald Davidson nado en Sprinfield o 6 de marzo de 1960 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley, foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.

Traxectoria

Formado na Universidade de Harvard, deu clases posteriormente na de Stanford, Princenton, Rockefeller, Chicago, e California.

Pensamento

Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo de Quine, non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha ciencia que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.

Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia física que permite abordar filosóficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no materialismo fisicista pero entende que existen descripcións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade e a intersubxectividade (trangulación).

Relaciona tamén a filosofía práctica coa filosofía da linguaxe ao estudar a acción. Considera que a conducta intencinonal obedece a un proceso causal pero isto non impide que existan contradiccións no suxeito debido á mente parcelada onde se mesturan desexos e arelas en seccións mentais semiautónomas.