Partido Socialista Galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Historia: lig int
Xas (conversa | contribucións)
→‎Historia: lig int
Liña 28:
Para activar o partido en 1970 conformouse unha dirección colexiada que lle deu unha difernete análise estratéxica e ideolóxica cun maior énfase no carácter nacionalista do PSG, en [[1972]] o PSG elixiu como secretario xeral a Xosé Manuel Beiras, e asumiu como súa a teoría do [[colonialismo interior]]. En 1974 o PSG participou na [[Conferencia Socialista Ibérica]] co [[PSOE]], [[Moviment Socialista de Catalunya]], [[Partit Socialista del País Valencià]] e a [[Unión Sindical Obreira]], que en [[1976]], xa sen o PSOE, se transformou na [[Federación de Partidos Socialistas]].
 
En [[1975]] integrouse no seo do PSG o [[Movemento Socialista de Galicia]] de [[Alfonso Álvarez Gándara|Álvarez Gándara]] e [[González Amadiós]]. Os malos resultados das eleccións xerais de 1977 e as presións do PSOE esfarelaron a FPS e o PSG entrou en crise, Beiras saíu da dirección, entrou unha dirección colexiada con Valentín Arias como coordinador, e os partidarios de se achegar ao PSOE plasmado no manifesto coñecido como Documento dos 19 formaron o [[2 de abril]] de [[1978]] o Colectivo Socialista-PSG, liderado por Rodríguez Pardo, [[Ceferino Díaz]] e [[Fernando González Laxe]], que agrupaba arredor de 100 militantes. A dirección do PSG optou por expulsar ao colectivo, que acabou integrándose no PSOE.
 
O PSG participou na constitución de [[Unidade Galega]] para se presentar ás eleccións xerais e municipais de [[1979]], pero a diferenza do resto de partidos integrantes de UG negouse a entrar na [[Comisión dos 16]], que tiña que elaborar o proxecto de [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981]].