Códice: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nl:Codex
Lameiro (conversa | contribucións)
engado mimaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:KellsFol034rChiRhoMonogram.jpg|thumb|right|[[Libro de Kells]].]]
[[Ficheiro:León, San Isidoro 03-34c.JPG|thumb|300px|O Becerro de Ouro, nunha miniatura medieval (facsímile)]]
Un '''códice''' é un [[libro]] de forma paralelepípeda, resultado da ensamblaxe de pregos [[manuscrito]]s e, especialmente, os producidos desde a [[Antigüidade clásica]] até a [[Idade Media]].
 
==Historia==
Ao primeiro, a partir dos séculos I e II, os códices escribíanse sobre [[pergamiño]] e, desde o século XIII, en [[papel]]. A orixe está nas tabelas de madeira rectangulares que se recobrían de cera polo interior e sobre as que se escribía cun punzón en [[Roma]]. Eran o equivalente dos cadernos actuais e utilizábanse para a correspondencia, as contas e os traballos escolares. O uso literario máis antigo de códices qeuque se coñece é de finais do [[século I]], cando [[Marcial]] experimentou co formato.
 
Esta presentación dos textos constituíu unha verdadeira revolución ao inicio da era [[Cristianismo|cristiá]] porque ao contrario do rolo (''[[volume]]''), que impón unha lectura contínua, o ''códice'' permite acceder aos capítulos (estrutura do texto) de maneira directa. Ademais, o códice podíase escribir polas dúas caras, co que se economizaba material. A súa adopción na cristiandade foi tan marcada que, como soporte de [[Biblia]], o códice permitíalles se diferenciaren dos rolos sobre os que os [[xudeu]]s escribían a [[Torah]].
Liña 9 ⟶ 10:
O pergamiño substituíu o [[papiro]] gradualmente e a palabra ''liber'', que designara os rolos de papiro, comezou a empregarse tamén para estes novos libros, que pola súa forma se parecían aos ''codices''. Esta semellanza víase acentuada polas capas de madeira que os protexían. Os dous termos comezaron a confundirse xa no [[século III]]. Os rolos dominaron ainda en obras seculares até o [[século IV]]. Entre entón, cando o códice foi plenamente aceptado, até o [[Renacemento carolinxio]] do [[século VIII]], moitas obras que non se copiaran de rolo a códice perdéronse para a posterioridade.
 
O códice melloraba o rolo en varios aspectos: Podíase abrir en calquercalquera páxina, o que facilitaba a lectura; as páxinas podíanse escribir polos dous lados, o que abarataba o seu costo; a protección que lle daban as capas facíao máis compacto e doado de transportar; finalmente, facía tamén máis doado organizar documentos nunha biblioteca porque tiña un lombo estábel no que escribir o título do libro. O lombo usouse para o [[incipit]], antes de que se desenvolvese o concepto propiamente de título durante época medieval.
 
AindaAínda que a maioráimaioría dos primeiros códices se facían de papiro, este era fráxil e os fornecementos, provenientes [[Exipto]], o único lugar no que medraba, escaseaban. Preferiuse pasar ao permagiño porque, ainda que caro, era tamén máis duradoiro.
 
Os códices foron substituídos polos libros impresos. O estudo dos manuscritos desde o punto de vista da súa fabricación chámase [[codicoloxía]]; o dos documentos antigos en xeral é a [[paleografía]].