PAL: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
da wikipedia en castelán.
Cheluco (conversa | contribucións)
m da wikipedia en castelán.
Liña 4:
O sistema PAL desenvolveuno [[Walter Bruch]] de [[Telefunken]] en Alemaña a partir do sistema [[NTSC]], mellorando a súa calidade e reducindo os erros de [[fase dunha onda|fase]] que provocaba cambios na tonalidade das cores. As primeiras transmisións comezaron en [[1964]] no [[Reino Unido]] e [[1967]] en [[Alemaña]], a maioría dos países europeos adoptaron o sistema, así como boa parte dos africanos e asiáticos.
== Descrición ==
A base do PAL e do NTSC son semellantes, envíase o sinal de [[cor|crominancia]] a unha frecuencia subportadora, 4.43361875 [[MHz]], [[Modulación de amplitude de cadratura|modulada en amplitude en cadratura]] que se engade ao sinal de [[luz|luminancia]] para formar un sinal [[vídeo composto]] de banda base. O seu nome "Phase Alternating Line" (liña de fase alternante) describe o xeito en que se transmite a información de crominancia do sinal de vídeo, inverténdose en fase en cada liña, corrixíndose automaticamente os erros de fase na transmisión do sinal ao se cancelaren entre si. As liñas onde a fase de cor está invertida en relación ao sistema NTSC denomínanse liñas PAL ou liñas, mentres as restantes denomínanse liñas NTSC. Os receptores PAL introducen unha liña de retardo no procesado do sinal de luminancia de aproximadamente 64µs que seirve para almacenar a información de crominancia de cada liña recibida. A media de crominancia dunha liña e a seguinte é o que se amosa na pantalla, ao comezo os dispositivos que tiñan a capacidade de producir ese retardo eran relativamente caros, polo que a maioría dos receptores incidían na impercepción do ollo humano para eliminar os erros de fase. Esta solución reduce a [[definición espacial|resolución vertical]] de cor en comparanza co sistema NTSC, pero como a [[retina]] humana é moito menos sensible á informaión da cor que á da [[luminancia]] ou brillo, este efecto non é moi visible.
 
[[Categoría:Televisión]]