Vocabulario Científico Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1709567 de Xoio (conversa)
Liña 7:
A versión ''on line'' do ''Terceiro novo dicionario internacional'' de Webster ([[Merriam-Webster]], 2002)<ref>"International scientific vocabulary". ''Webster's Third New International Dictionary, Unabridged''. Merriam-Webster, 2002.</ref> engade que o ISV "consiste nas palabras ou outras formas lingüísticas actuais en dous o máis idiomas", e que "se diferencia de latín moderno (''New Latin'') en que estes termos se adaptan á estrutura dos idiomas individuais nos que aparecen"<ref name="mcarthur">McArthur, T. ''Asian Lexicography: Past, Present, and Prospective'', introducción de ''Lexicography in Asia''. Password Publishers Limited, 1998.</ref>. É dicir, os termos do VCI constrúense a miúdo con formas gregas, latinas, o outras que se combinan, pero cada lingua escribe, e pronuncia, os [[neolexema]]s que resultan de acordo coas súas propias normas morfolóxicas.
 
Con todo, non se debe esquecer a eiva, presente en moitos termos da botánica, segundo [[Font Quer]]<ref>Font Quer, P. ''Diccionario de botánica''. Editorial Labor, S.A., 1993.</ref>, das chamadas ''voces híbridas'', isto é, compostas por un primeiro elemento grego e o segundo latino, ou viceversa, e que, de ser posíbel, non se deben empregar. E moito menos se o primeiro elemento procede dunha lingua ''moderna'', que algún caso hai, por exemplo, no español científico. A homoxeneidade léxica exixeesixe que todo termo composto estea formado por todos os seus compoñentes, dous ou máis, da mesma natureza lingüística.
 
[[Tom McArthur]]<ref name="mcarthur"/> cualifica as palabras e os morfemas do ISV como ''translinguistics'', explicando que funcionan "en moitos idiomas que serven como medios para a educación, a cultura, a ciencia, e a tecnoloxía". Ademais de en idiomas europeos, tales como o [[lingua inglesa|inglés]], o [[lingua castelá|castelá]], o [[lingua rusa|ruso]], o [[sueco]], o [[portugués]] ou o [[galego]], os lexemas do VCI empréganse tamén en idiomas como o [[xaponés]], o [[malaio]], o filipino (''[[tagalog]]'' ou ''tagalo'', en español) e outras linguas asiáticas. McArthur afirma que "no hai outro sistema de palabras e de [[morfema]]s tan internacional".