Vilariño Frío, Montederramo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
zoa -> zona
Liña 27:
Na casa chamada dos «señores de Cornoces», na actualidade propiedade de dona Maruja Rodríguez, atópase un escudo cuartelado onde se representan as armas da familia Reinoso (coa cruz de Calatraba no primeiro cuartel), unha das familias máis potentes e coñecidas de Ourense do século XVIII que posuían pazo en [[Cornoces, Amoeiro|Cornoces]] ([[Amoeiro]]). Tamén están os escudos da familia Figueroa y Calderón, anteriores posuidores do pazo de Cornoces, (con folla de figueira e tres pequenos caldeiros, do segundo cuartel), da familia Ojea (castelo e media lúa, do terceiro cuartel) e da familia Castro (seis roeles de azur, no cuarto cuartel), da que descenden os [[condado de Lemos|Condes de Lemos]].
 
No centro do lugar, preto da dita casa de Cornoces, no lugar chamado As Laixas e sobre rocha natural, atópase un [[peto de ánimas]], que presenta un corpo liso formado por perpiaños ben encadrados. No corpo superior, sobre o que emerxe un pedestal de lados cóncavos para unha cruz, presenta un pequeno nicho que alberga un panal deteriorado de madeira coa escea da [[Virxe do Carme]] sobre as nubes e as ánimas apiñadas na zoazona inferior.
 
A igrexa parroquial, dedicada a Santa María, presenta unha arquitectura [[neoclasicismo|neoclásica]] do século XVIII. No seu interior destaca o retablo maior pola súa riqueza decorativa, a ornamentación exuberante e a expresividade das imaxes. É un claro exemplo do [[barroco]] galego. O mesmo os dous retablos laterais: Cristo crucificado (á esquerda) e a Virxe Inmaculada (dereita) enmarcados en arcos neoclásicos. Foi de presentación laical da casa de Tor ata o ano 1957, no que o Bispo de Ourense, [[Ángel Temiño Saiz]] (1953-1987) fixo unha nova regulamentación do dereito do padroado na Diócese debido ao excesivo número de parroquias de presentación laical.