Lucas Labrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
Nos anos da ocupación napoleónica aparece como un [[afrancesado]], prestando servizos de [[intérprete]] do Estado maior francés. Porén, en [[1820]] figura na Xunta de Censura dos liberais coruñeses, e pasa a ser favorecido coa praza de secretario da nova Deputación provincial de Ourense, posto que non mantivo trala reposición [[Absolutismo|absolutista]] de 1823, aínda que puido retornar como secretario do Consulado herculino, institución á que aparece ligado ata a súa morte en agosto de 1842.
 
A súa obra máis importante foi a ''Descripción económica del Reyno de Galicia'', publicada en Ferrol en 1804. Nesa obra, valéndose en ocasións de [[corresponsal|corresponsais]], levanta acta do estado económico do reino a fins do [[século XVIII]]. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A [[Editorial Galaxia]] fixo unha reedición en [[1971]].
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]