1080i: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''1080i''' (o ''i'' vén do inglés ''interlaced'', entrelazado) é un tipo de sinal de [[vídeo]] que se obtén da [[exploración entrelazada]] dunha escena. Considérase propio dun sistema de [[televisión de alta definición]] xa que utiliza o dobre de liñas que calquera sistema de televisión convencional; e ademais utiliza unha relación de aspecto de [[Relación de aspecto|16:9]], o que impón que as 1080 liñas de resolución vertical estean compostas de 1920 píxeles de resolución espacial horizontal que dá como resultado un pouco máis de 2 millóns de píxeles.
 
Os valores típicos de imaxe por segundo son de 25 Hz (1080i/25) para [[PAL]] e [[SECAM]], e de 30 Hz (1080i/30) para [[NTSC]]. Os dous se poden transmitir por [[DVB]] e [[ATSC]], estándares da televisión dixital.