Mosteiro de San Clodio de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m zaguán > vestíbulo
Beninho (conversa | contribucións)
m cais -> cales
Liña 30:
===A igrexa===
 
A Igrexa é unha das poucas igrexas conservadas do [[Orde do Císter|Císter]]. Construída entre [[1220]] a [[1250]], é de [[planta basilical]], de tres naves de catro tramos cada unha e cun [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]] que non se marca nin en planta nin en alzado, e cabeceira composta por tres [[ábsida|ábsidas]] escalonadas semicirculares, das caiscales a central está máis destacada.
 
Nun principio cubríanse as naves con cubertas de madeira a dúas augas (consérvanse as antigas vigas [[arte románica|románicas]]), substituíndose coa incorporación á Congregación de Castela por bóvedas nervadas que alteraron os piares e a iluminación proveniente das ventás e rosetóns. Na actualidade o primeiro tramo recto da ábsida central cóbrese con bóvedas nervadas de crucería cuadripartita e o resto con bóvedas de canón apuntado e forno. Os arcos triunfais, igual que os forneiros e os faixóns das naves laterais, son apuntados.