Centurión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vi:Centurion
mSen resumo de edición
Liña 2:
Na [[Roma]] antiga, un '''centurión''' era un oficial profesional do [[exército]]. Os centurións comandaban unha [[centuria]] de soldados e había corenta en cada [[lexión]] entre os séculos V a III a.C., sesenta até a reforma de [[Mario (cónsul)|Mario]] (século I a.C.) e trinta depois. Conforme ascendía, pasaba a comandar unha [[cohorte]] e remataba como ''primus pilus'' ("primeira lanza" en latín) dunha lexión. Os centurións duha cohorte eran ''pilus prior'', ''pilus posterior'', ''princeps prior'', ''princeps posterior'', ''hastatus prior'' e ''hastatus posterior'' nas cohortes II a X.
 
O uniforme do centurión diferenciábase en dous aspectos do uniforme regular: a crestacrista do casco ía de lado a lado en vez de diante a tras e levaba glebas. O centurión tamén portaba como símbolo do seu rango unha vara de vide, que utilizaba ás veces para azoutar.
 
Cada centurión escollía un lugartenente (''optio''), así como os demais xefes de centuria: un portaestandarte (''signifer''), un corneta (''cornicen'') e un ''tesserarius'', que cada noite recibía o contrasinal escrito nunha tabela (tessera). O primeiro centurión escollido da lexión (''primus pilus'') gozaba do rango máis alto.