Asasinato de Saraxevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
*Otomano -> Otomán
Liña 9:
A finais do mes de [[xuño]] de [[1914]] [[Francisco Fernando]] visitou [[Bosnia e Hercegovina]] para observa-lo seu exército e para fundar un [[museo]] en [[Saraievo]]. Normalmente nas ocasións oficiais o arquiduque non levaba á súa dona [[Sofía Chotek]], xa que ela proviña dunha familia de posición inferior na corte. O feito de que a súa dona o acompáñase na viaxe foi debido a que a parella celebraba o aniversario do casamento o [[1 de xullo]].
 
O día do asasinato, o [[28 de xuño]], corresponde no [[Calendario xuliano]] ao día [[15 de xuño]], día do Vidovdan. Día no que se conmemora patrioticamente na Serbia a derrota dos serbios contra os [[Imperio OtomanoOtomán|Otománs]] en [[1389]].
 
A Xove Bosnia, grupo de xoves bosníacos [[Anarquismo|anarquistas]], estaba equipada con [[pistola]]s FN Herstal, modelo 1910 e [[bomba]]s fornecidas pola [[Man Negra]], sociedade secreta nacionalista serbia que tiña entre os seus membros a oficiais do exército serbio, notablemente o coronel Dragutin Dimitrijevic, xefe da intelixencia militar serbia e líder do golpe que matou ao Rei [[Aleksandar Obrenović]] once anos antes.