O morcego na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
Os '''[[morcego]]s''', ben que de hábitos nocturnos e moi esquivos, non deixaron de estar presentes na '''cultura popular galega''', na etnografía e na literatura de transmisión oral.
 
Un dos xogos de rapaces de hai anos era cazar morcegos. Para iso lanzábase ao aire unha pucha na liña de voo dun morcego, de xeito que este entrara na pucha e caera ao chan; tamén abonda con lanzar un trapofarrapo ou cerello calquera. Unha vez apreixado era vítima de falcatruadas tales coma obrigarlo a [[tabaco|fumar]] meténdolle un cigarro no bico ou mesmo crucificalo nunha porta.
 
En [[Ardán, Marín|Ardán]] (Marín) intentan collelos mediante un pao untado con [[touciño]], mentres din: ''Morceguiño, date a pau, que ten sebiño'' (RIVAS QUINTAS).