Bertie Auld: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Robert Auld''', popularmente coñecido coma '''Ten Thirty''' por xogar co dez e estar preto dos trinta cando quedou campión europeo, naceu no sitio de [[Maryhill]] ubicado en [[Escocia]] o [[23 de marzal]] do [[1938]]. Foi un xogador de fútbol que xogaba de [[mediocampista]] e que destacou no [[Celtic]] no que formou parte daquel plantel dos [[Lisbon Lions]] que acadara o éxito de saír gañador da [[Copa de Europa]] no [[1967]]. Tamén foi adestrador a posteriori.
 
Chegou ó Celtic do [[Maryhill Harp]] o [[2 de abril]] do [[1955]] debutando para os verdibrancos dous anos despois fronte ó [[Rangers]]. No [[1961]] foi probar sorte ó [[Birmingham City]] onde ficou deica [[1965]], ano no que volta a [[Celtic Park]] para vivi-la súa etapa máis sobresaínte coma futboleiro que remataría en [[1971]] cando marcha rumbo ó [[Hibernian]] cara onde chega coma axente libre. Nesa segunda época en Celtic Park eé na que xoga a meirande parte dos 279 partidos co conxunto [[católico]] e na que consegue tamén a meirande parte dos seus 85 tantos.
 
Na súa etapa de adestrador dirixiu dobremente ó [[Partick Thistle]] e nunha estadía ó [[Hibernian]] e ó [[Dumbarton F.C.]].