Willie Wallace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''William Wallace''', tamén coñecido coma '''Wispie''', naceu o [[23 de xuño]] do [[1940]] na vila [[escocesa]] de [[Kirkintilloch]]. Foi xogador de fútbol e adestrador tamén.
 
Escomezou a súa carreira coma futboleiro no [[1958]] no [[Stenhousemuir]] marchando en [[1959]] ó [[Raith Rovers]] onde empezou a coller grande sona coma un bo goleador. Dese xeito, no [[1961]] asinou contrato co [[Hearts]] de [[Edimburgo]] onde sumou importantes éxitos na súa estadía ó longo de 5 tempadas completas. E dende aí xa pegaría o salto a un verdadeiro grande chegando ó [[Celtic]] onde viviu unha época memorable sendo un daqueles sonados [[Lisbon Lions]] que quedaran campións de Europa no [[1967]]. Tra-lo seu paso durante 5 anos por [[Celtic Park]] foi traspasado no [[1971]] ó [[Crystal Palace]] londinense voltando ó seu país antes dun ano prapara xogar no [[Dumbarton F.C.]]. Despois e xa coa súa carreira futbolística víndose embaixo foi probar sorte a [[Australia]] ó [[Apia F.C.]] onde xa rematou as súas andainas de xogador.
 
Retornou a [[Escocia]] prapara xa coma adestrador dirixi-lo [[Dundee F.C.]]. Tras isto voltou ó Apia agora xa coma adestrador e quedou a vivir aló rexentando unha tenda deportiva.
 
Coa [[Selección escocesa de fútbol]] non puido amosa-la grande cualidade que posuía prapara bate-lo marco rival xogando 7 encontros mais sen facer un só tanto neles. No seu pasovagar copolo conxunto nacional salienta-la súa presenza nese 2-3 en [[Wembley]] fronte a [[Inglaterra]] no 1967.
 
[[Category:Xogadores de fútbol escoceses|Wallace, Willie]]