Constantino, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Kustentin
aumentado desde es:Constantino I (papa)
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-VIII}}
[[Ficheiro:Costantinopapa.jpg|thumb|left|Constantino, papa.]]
 
'''Constantino''', nado en [[Tiro]] ([[Siria]]) e finado en [[Roma]] o [[9 de abril]] de [[715]], foi o [[Papa]] nº 88 da [[Igrexa católica]] de [[708]] a [[715]].
 
==Traxectoria==
A diferencia dos seus predecesores, mantivo boas relacións co emperador [[Xustiniano II]], a partir da visita realizada a [[Constantinopla]] entre outubro de [[710]] e [[711]] co obxecto de resolver os desacordos existentes entre as Igrexas Orientais e Occidentais, xurdidos a raíz do [[Concilio Quinisexto]] ou [[Segundo Concilio Trullano]], celebrado naquela cidade en [[692]].
 
O Papa foi ben acollido en todas as cidades, particularmente na capital. Logrou convencer a Xustiniano II de modificar certas resolucións do citado concilio.
 
Tralo regreso do Papa a Roma, Xustiniano II enfrentouse a unha rebelión encabezada por [[Filípico|Filípico Bardano]], quen se proclamou emperador tras tomar prisioneiro a Xustiniano e mandalo executar.
 
Este foi un momento moi importante na historia do cristianismo, pois foi a primeira vez que un emperador buscou a confirmación papal ao seu nomeamento, pero ao ser Bardano un convencido seguidor do [[monotelismo]], o Papa negouse a confirmalo como emperador, volvendo a tensarse as relacións entre Roma e Constantinopla. Esta situación mantívose até que en [[713]] Bardano foi deposto e substituido por [[Anastasio II]], que acatou as decisións do [[Terceiro Concilio de Constantinopla]].
 
[[Categoría:Papas]]