Evolución estelar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 21:
==Secuencia principal==
{{AP|Secuencia principal}}
Chámase secuencia principal á fase en que a estrela queima [[hidróxeno]], mediante [[fusión nuclear]] fundamentalmente. Unha vez instalada na secuencia principal a estrela componse dun núcleo onde ten lugar a [[fusión]] do hidróxeno e un manto que transmite a enerxía xerada cara á superficie. A maior parte das estrelas pasan o 90% da súa vida, aproximadamente, na [[secuencia principal]] do [[diagrama de Hertzsprung-Russell]]. Nesta fase as estrelas consumen o seu combustible nuclear de maneira gradual podendo permanecer estables por períodos de tempo duns poucos millóns de anos, no caso das estrelas máis grandes e quentes, a miles de millóns de anos se se trata de estrelas de tamaño medio como o [[Sol]], ou ata decenas o mesmo centenares de miles de millóns de anos no caso de estrelas de poucas masa como as [[anana vermella|ananas vermellas]]. Lentamente, a cantidade de hidróxeno dispoñible no núcleo diminúe, co que esta ha de contraerse para aumentar a súa temperatura e poder deter o seu colapso gravitacional. As temperaturas do núcleo estelar máis elevadas permiten fusionar, progresivamente, novas capas de hidróxeno sen procesar. Por este motivo as estrelas aumentan a súa [[luminosidade]] Ó longo da secuencia principal de forma paulatina e regular. Cando o hidróxeno do núcleo finalmente se esgota a estrela sufresofre unhas rápidas transformacións que a converten en [[xigante vermella]]. Ó longo de toda esta etapa soamente procesará o 10% da súa masa.
 
Nunha estrela de secuencia principal distinguimos dous modos de ''queimar'' o hidróxeno do núcleo. Poderíase pensar que a fusión de hidróxeno en helio se realiza mediante o choque de catro protóns. Pero este tipo de choques múltiples son moito máis improbables que as colisións por parellas. Por iso a combustión realízase mediante cadeas de reaccións que conducen ó [[helio]]-4. O que determinará a través de que cadea o ciclo queima o seu hidróxeno será a masa da propia estrela, pois o valor desta determina as condicións de presión e temperatura do seu núcleo.