Asalto do bou Eva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''asalto do bou Eva''' foi un dos episodios máis tráxicos da represión [[franquismo|franquista]] en [[Galiza]]. O [[23 de abril]] de [[1937]] oito homes e unha muller (casada dende pouco con uncun deles) dispoñíanse a escapar a [[Francia]] por mar dende o porto de [[Vigo]].
 
Os pasaxeiros, de distinta orientación política, eran os galeguistas [[José Losada Castelao]] e [[Manuel Rodríguez Castelao]] (curmáns de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]]), os socialistas [[Manuel Martínez Moroño]], [[José Rodríguez Lorenzo]] e [[Fernando Rodríguez Lorenzo]], e os comunistas [[Luís Álvarez González]], [[Camilo Campos Méndez]] e o matrimonio [[Carmen Miguel Agra]] e [[Anxo Nogueira Nogueira]]. Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco. Arrimaron un barco alxibe do porto e asolagaron a bodega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense ós falanxistas.