Chronicon Iriense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido de en:Chronicon Iriense
 
lig int
Liña 1:
O '''''Chronicon Iriense''''' é unha curta crónica medieval en [[latín]] sobre a historia da [[diocese de Iria Flavia]] (predecesora da [[arquidiocese de Santiago de Compostela]]), entre os anos [[561]] e [[982]]. Nos manuscritos medievais adoita aparecer unida á ''[[Historia Compostellana]]'', se ben tamén aparece en solitario nalgúns manuscritos do [[século XII]]. Quizais foi escrita para completar a parte da fundación da diocese anterior ao narrado na ''Historia'', pero unha parte do persoal que o investiga, como [[Justo Pérez de Urbel]] e [[Rubén García Álvarez]], defende que foi creada xusto despois dos últimos eventos narrados, cara ao ano [[982]], polo daquela recén deposto bispo [[Paio Rodríguez]].
 
O ''Chronicon'' comeza no ano [[561]], con [[Andrés (bispo de Iria)|Andres]], bispo durante o [[Primeiro Concilio de Braga]], e continúa até o episcopado de [[Pedro Martínez de Monsoncio]]. Menciona o descubrimento do presunto corpo do [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]] durante o bispado de [[Teodomiro (bispo)|Teodomiro]], no reinado de [[Afonso II de Asturias|Afonso o Casto]], pero non se di o lugar onde se atopou o corpo. Segundo o ''Chronicon'', Teodomiro foi o primeiro bispo da nova diocese en Santiago de Compostela, durante o reinado de [[Carlomagno]].
 
==Edicións==