Abrir o menú principal

Cambios

Desfíxose a edición 1572389 de 85.91.87.244 (conversa)
[[Ficheiro:efectoinvernadoiro.svg|thumb|400px|right|Diagrama dos fluxos de enerxía entre o espazo, a atmosfera e a superficie da terra mostrando como se crea o efecto invernadorio.]]
jujuuju soi malooooo
 
Denomínase '''efecto invernadoiro''' á absorción, por parte da [[atmosfera terrestre|atmosfera]], de emisións [[radiación infravermella|infravermellas]] impedindo que escapen ó espazo exterior aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta.
 
O '''efecto invernadoiro''' evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra co cal se produce o ''efecto de invernadoiro''. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra. Actividades como a queima de [[combustible fósil]] emiten gases (especialmente, [[dióxido de carbono]], CO<sub>2</sub>) que actúan impedindo que escape a calor. Moitos científicos consideran que como consecuencia se está producindo o [[quentamento global]]. Outros gases que contribúen ó problema inclúen os [[CFC|clorofluorocarburos]] ([[CFC]]), o [[metano]], os [[óxidos nitrosos]] e o [[ozono]].
 
== Fundamentos ==
A radiación electromagnética é capaz de elevar o estado térmico de calquera corpo a un nivel superior (maior temperatura), incluso a través do baleiro. Tódolos corpos, polo mero feito de estar a unha certa [[temperatura]] superior ó [[cero absoluto]], emiten unha determinada cantidade de [[radiación electromagnética]] (véxase [[corpo negro]]) arrefriándose e quentando outros corpos. Tamén son capaces de absorber esa radiación, quentándose.
 
Cando a radiación [[Sol|solar]] chega á superficie da [[Terra]], esta se quenta. A enerxía absorbida é remitida como [[radiación infravermella]]. Sen embargo, non toda esta radiación pode escapar de volta ó espazo, xa que unha parte é absorbida de novo pola atmosfera (ó redor dun 90%), sendo un fenómeno similar ó que mantén a temperatura cálida no interior dun [[invernadoiro]], fenómeno do cal recibe o seu nome. Deste xeito, o equilibrio térmico establécese a unha temperatura superior á que se obtería sen este efecto. En zonas da terra cuxa atmosfera ten pouca proporción de gases de efecto invernadoiro (especialmente de vapor de auga), como nos grandes desertos, as flutuacións de temperatura entre o día (absorción de radiación solar) e a noite (emisión cara ó ceo nocturno) son moi grandes.
 
A importancia dos efectos de absorción e reemisión de radiación na atmosfera son fundamentais para o desenvolvemento da vida tal e como a coñecemos. De feito, se non existise este efecto, a temperatura media da Terra sería entre 30 [[Grao Celsius|°C]] e 40&nbsp;°C menor, situándose a case 20&nbsp;°C baixo cero. (Ver: '''''[[Balance radiativo terrestre]]''''')
 
== Gases de efecto invernadoiro e actividade industrial ==
Os denominados [[gas de efecto invernadoiro|gases de efecto invernadoiro]] ou gases invernadoiro, responsables do efecto descrito son:
 
* [[Vapor de auga]] (H<sub>2</sub>O)
* [[Dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>)
* [[Metano]] (CH<sub>4</sub>)
* [[Óxidos de nitróxeno]] (NO<sub>x</sub>)
* [[Ozono]] (O<sub>3</sub>), e
* [[Clorofluorocarburo]]s (''artificiais'').
 
Se ben todos eles (salvo os CFC) son naturais, en tanto que xa existían na atmosfera antes da aparición do home, desde a [[Revolución Industrial]] e debido principalmente ó uso intensivo dos [[combustible fósil|combustibles fósiles]] nas actividades [[industria]]is e o [[transporte]], producíronse sensibles incrementos nas cantidades de óxidos de nitróxeno e dióxido de carbono emitidas á atmosfera, co agravante de que outros problemas como a deforestación limitaron a capacidade rexenerativa da atmosfera para eliminar o CO<sub>2</sub> (principal responsable do efecto invernadoiro).
 
Estes cambios causan un paulatino incremento da temperatura terrestre, o chamado '''[[cambio climático]]''' o '''[[Quentamento global]]''', que á súa vez é orixe doutros problemas [[medio ambiente|medioambientais]]:
* [[Desertización]] e [[seca]]s, que causan [[fame]].
* [[Deforestación]], que aumenta aínda máis o cambio.
* [[Inundación]]s.
* [[Fusión]] dos casquetes polares, e outros [[glaciar]]es, que causa un ascenso do nivel do [[mar]], mergullando cidades costeiras.
* Destrución de [[ecosistema]]s.
 
 
== Protocolo de Quioto ==
{{AP|Protocolo de Quioto}}
Trátase dun convenio internacional que intenta limitar globalmente as emisións de gases de efecto invernadoiro. O protocolo xorde da preocupación internacional polo [[quentamento global]], provocado polo aumento das emisións de estos gases.
 
== Efecto invernadoiro na atmosfera de Venus ==
De tódolos planetas do [[sistema solar]], [[Venus (planeta)|Venus]] é o que ten un efecto invernadoiro máis intenso debido á densidade e composición da súa atmosfera, xa que contén un 96% de CO<sub>2</sub> e ten una presión superficial de 90 bar. Nestas condicións a superficie acada temperaturas de ata 460&nbsp;°C. Cando comezou o estudo da atmosfera de Venus nas décadas de 1960-70, xurdiron os primeiros sinais de alarma sobre un posible efecto invernadoiro na [[Terra]] provocado polo aumento da concentración de dióxido de carbono na atmosfera. Sendo ambos planetas xeoloxicamente moi similares a súa principal diferencia áchase na inmensidade do efecto invernadoiro en Venus.
 
[[Categoría:Climatoloxía]]
 
{{Link FA|pl}}
 
[[af:Kweekhuiseffek]]
[[ar:احتباس حراري]]
[[bg:Парников ефект]]
[[bn:গ্রিন হাউজ প্রতিক্রিয়া]]
[[bs:Efekt staklenika]]
[[ca:Efecte hivernacle]]
[[cs:Skleníkový efekt]]
[[cy:Effaith tŷ gwydr]]
[[da:Drivhuseffekt]]
[[de:Treibhauseffekt]]
[[diq:Tesirê Sera]]
[[el:Φαινόμενο του θερμοκηπίου]]
[[en:Greenhouse effect]]
[[eo:Forceja efiko]]
[[es:Efecto invernadero]]
[[et:Kasvuhooneefekt]]
[[eu:Berotegi-efektua]]
[[fa:گازهای گل‌خانه‌ای]]
[[fi:Kasvihuoneilmiö]]
[[fr:Effet de serre]]
[[gd:Buaidh an taigh-ghloine]]
[[he:אפקט החממה]]
[[hi:ग्रीन हाउस प्रभाव]]
[[hr:Staklenički efekt]]
[[hu:Üvegházhatás]]
[[ia:Effecto conservatorio]]
[[id:Efek rumah kaca]]
[[is:Gróðurhúsaáhrif]]
[[it:Effetto serra]]
[[ja:温室効果]]
[[ka:სათბურის ეფექტი]]
[[kn:ಹಸಿರುಮನೆ ಪರಿಣಾಮ]]
[[ko:온실 효과]]
[[lt:Šiltnamio efektas]]
[[ml:ഹരിതഗൃഹപ്രഭാവം]]
[[mr:हरितगृह परिणाम]]
[[ms:Kesan rumah tanaman]]
[[nl:Broeikaseffect]]
[[nn:Drivhuseffekt]]
[[no:Drivhuseffekt]]
[[oc:Efièch de sèrra]]
[[pl:Efekt cieplarniany]]
[[pt:Efeito estufa]]
[[qu:Pacha q'uñichiy]]
[[ro:Efect de seră]]
[[ru:Парниковый эффект]]
[[si:හරිතාගාර ආචරණය]]
[[simple:Greenhouse effect]]
[[sk:Skleníkový efekt]]
[[sl:Učinek tople grede]]
[[sr:Efekat staklene bašte]]
[[sv:Växthuseffekten]]
[[ta:பைங்குடில் விளைவு]]
[[te:గ్రీన్ హౌస్ ప్రభావం]]
[[th:ปรากฏการณ์เรือนกระจก]]
[[tr:Sera etkisi]]
[[uk:Парниковий ефект]]
[[vi:Hiệu ứng nhà kính]]
[[wuu:温室效应]]
[[zh:温室效应]]
[[zh-min-nan:Un-sek hāu-èng]]
[[zh-yue:溫室效應]]
167.778

edicións