Franz Kafka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Vida ==
Kafka naceu en Praga ([[Bohemia]]) en [[1883]], cando era parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. Formaba parte dunha familia de clase media, xermano-parlante e [[xudeu|xudía]] [[asquenací]]. O seu pai era un comerciante ópolo por menormiúdo, chamado Hermann Kafka ([[1852]]-[[1931]]), e a súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856-1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu [[lingua checa|checo]] cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubese falar fluidamente nas dúas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e [[lingua francesa]]; un dos seus autores favoritos foi [[Flaubert]], e tivo un afecto sentimental por [[Napoleón]]. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Entre [[1889]] e [[1893]] Kafka acudiu á escola elemental (''Deutsche Knabenschule'') no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga, e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame [[Matura]] en [[1901]]. Comezou a estudiar leis na [[Universidade de Praga|Universidade CharlesCarolina de Praga]], e obtivo o seu graduado en leis en [[1906]], traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En [[1917]] comezou a sufrir de [[tuberculose]], o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.
 
[[Ficheiro:Kafka monument.jpg|right|thumb|Estatua de bronce de Franz Kafka en Praga]]