Guillermo Llorca: Diferenzas entre revisións

historiador e escritor galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Outroshomónimos|Llorca}} '''Guillermo Llorca Freire ''', historiador e escritor, naceu en Ferrol en 1950. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santi..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2010 ás 05:38

Guillermo Llorca Freire , historiador e escritor, naceu en Ferrol en 1950. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e na actualidade exerce como profesor de Xeografía e Historia no Instituto "Sofía Casanova" de Ferrol. Modelo:Infobox escritor

Traxectoria

Como historiador ten unha extensa obra de investigación e divulgación, amplamente publicada en libros, revistas e xornais.

Ten feito tamén aportacións á didáctica da Xeografía e da Historia, en diversas publicacións e como conferenciante.

Un gran número de artigos ilustran nos xornais a súa vocación de xornalista.

Destaca a súa gran dedicación á historia de Ferrol e dos ferroláns.

No campo do audiovisual foi director e guionista de varios vídeos didácticos, premiados en diversos certames.

A súa obra no eido da Literatura está representada por libros de relatos.

Formou parte dos consellos de redacción das revistas “Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades”, “FerrolAnálisis” e “Deceme. Revista de Historia e Ciencias Sociais”.

Entre a súa extensa obra podemos destacar: Colaboracións na "Gran Enciclopedia Gallega" en temas de Historia e temas relativos a persoeiros ferroláns. Ten publicado artigos nos xornais "Ferrol Diario", "Norte de Galicia", "La Voz de Galicia" “Diario 16” e “Diario de Ferrol”. Investigacións súas teñen aparecido nas revistas "Cuadernos do Ateneo Ferrolán" , "Galicia 10", "Ingenium", "FerrolAnálisis" e "Concepción Arenal",

Entre os seus libros, sobre cuestións históricas podemos citar: “Ferroláns”, “Ferroláns en Cuba”, “Historia da prensa ferrolá”, “Los partidos políticos en Ferrol durante la II república”. No eido literario publicou: “Relatos para ver mundo”, “O túnel da Malata, e outros relatos do tren”.

Foi membro fundador, directivo e presidente do Ateneo Ferrolán.

Publicacións

En revistas

Entre estes traballos poderíamos destacar:

  • “Os Ateneos Ferroláns na súa Historia”, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 3.
  • “O dique da Campá de Ferrol. A máis importante obra hidraulica da Galicia do XIX” en Ingenium nº 2.
  • “Concepción Arenal e Hispanoamérica. Pegadas dunha presencia” enCuadernos do Ateneo Ferrolán nº 9.
  • “Ferrolterranos na emigración americana. O seu papel na educación” ", en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 10.
  • “Orígen del Patronazgo de San Julián sobre la ciudad de Ferrol” (Premio “Ingeniero Comerma” do Concello de Ferrol), en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades nº VI
  • “Los partidos políticos durante la II República” (Premio de Investigación “Jaime Quintanilla Martínez” do Concello de Ferrol) en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades (monografía).
  • “Concepción Arenal. Cinco momentos na súa memoria” en Cuadernos FerrolAnálisis 1993.
  • “A ilusión das América” en Xurdimento nº 11.
  • “A alimentación como sinal de identidade da emigración galega” en Xurdimento nº 14.
  • “O asociacionismo ferrolán en Bos Aires” en Xurdimento nº 15.
  • “Juan García Niebla. A pedagoxía ó servicio do cidadán” en Idea nº 6.

Libros publicados

Xeografía e Historia

No eido da investigación e dibulgación histórica e xeográfica:

  • “Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais” en Novo Sécula, Barcelos-Portugal, 1992. ISBN. 84-87777-12-0
  • “Historia da prensa ferrolá” en Edicións do Castro, Sada 1993. ISBN:84-7492-674-2
  • “Ferroláns”, en Edicións Embora, Betanzos 1996. ISBN: 84-930143-2-X
  • “Ferroláns en Cuba”, en Edicións Embora, Pontedeume 1997. ISBN: 84-930143-4-6
  • “Guías turísticas do Concello de Ferrol” Ferol 1998.
  • “O 10 de marzo no contexto da prensa obreira de Ferrol” en 10 de marzo, órgano de comisións obreiras de Ferrol, edición facsímile, Santiago 1999.
  • “Francisco Iglesias Brage: no centenario do seu nacemento” Concello de Ferrol- LaCaixa, 2000. ISBN: 84-923163-O6
  • “Ferrol no patrimonio mundial” concello de Ferrol 2002. D.L.:C-232/2002

Literatura

No eido literario:

  • “Relatos para ver mundo”, en Edicións Embora, Betanzos 2002 ISBN: 84-95460-22-X
  • “O túnel da Malata, e outros relatos do tren” en Ediciones de la librería del campus, Narón 2005. ISBN .

Publicacións compartidas con outros autores

Publicou, xunto con outros autores, entre outros, os seguintes libros:

  • “Camiños de Ferrolterra”, Pontedeume, Mancomunidade de Ferrol, 1982.
  • “Traballos prácticos de Xeografía”, Santiago, Obradoiro de Educación, 1982
  • “A Historia das Civilizacións a través dos textos históricos e literarios” Dirección Xeral de Ensinanzas Medias, proxectos de innovación educativa, 1988.
  • “Transformacións económicas, dinámica social e vida cultural no Ferrol do sécula XX” en Fundación CaixaGalicia, 2006.



Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas