Louis-Ferdinand Céline: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 1:
[[Ficheiro:Celine.jpg|thumb|right|Retrato de Céline.]]
'''Louis Ferdinand Auguste Destouches''', nado en [[Courbevoie]] o [[27 de maio]] de [[1894]] e finado en [[París]] o [[1 de xullo]] de [[1961]], é un dos escritores [[Francia|franceses]] máis traducidos e difundidos do [[século XX]]. É autor de ''Voyage au bout de la nuit'', obra cumio da literatura universal contemporánea, publicada por vez primeira en 1932 e que foi así mesmo a primeira [[novela]] na produción do autor.
 
==Biografía==
Céline creceu en [[París]]. O seu pai era empregado nunha compañía de seguros. A súa nai, Marguerite Guillou, era filla de Céline Guillou, de quen tomou o [[pseudónimo]]. A avoa tiña unha pequena tenda de bordados, e trala súa morte en [[1904]] a modesta herdanza que deixou permitiu a Louis-Ferdinand asistir a unha escola privada. Tras obter o seu diploma foi a [[Alemaña]] e [[Inglaterra]] para aprender idiomas, sendo moitas desas experiencias relatadas na súa segunda novela, ''[[Mort à crédit]]''.
 
Con 18 anos alistouse nunha unidade de [[cabalería]] do [[exército francés]]. Participou na [[Primeira Guerra Mundial]], sendo gravemente ferido en [[Ypres]], quedándolle de por vida secuelas nun brazo, no oído e dores de cabeza. Concedéuselle a ''[[Médaille militaire]]'' porque se presentara voluntario para a misión na que foi ferido.
 
Foi destinado ao consulado francés en [[Londres]], onde frecuenta os baixos fondos. En [[1915]] casou con Suzanne Nebout, unha camareira francesa que vivía en Londres, pero o matrimonio non foi rexistrado no consulado francés. En [[1916]] alistouse como encargado de explotación forestal e partiu a [[África]], onde contraeu [[malaria]] durante o ano que alí pasou. Ao seu regreso a París traballou na revista científica ''[[Eureka (revista)|Eureka]]'', onde coñeceu o doutor [[Athanase Follet]], un director dun colexio médico, baixo cuxa influencia estudou medicina.
 
Rematou o bacharelato e en [[1919]] casou con [[Edith Follet]], filla de Athanase. A mediados da década de 1920 integrouse na [[Sociedade de Nacións]] como experto en cuestións de hixiene. Foi destinado a [[Genève]], pero realizou constantes viaxjes aos [[EUA]], [[Cuba]], [[Canada]] e [[Inglaterra]], e pasou tamén longas tempadas en [[Nigeria]] e [[Sénégal]]. Debido ás longas ausencias, puxo fin ao seu segundo matrimonio con Edith Follet dous anos despois de graduarse.
 
En [[1926]] coñeceu en Genève a [[Elizabeth Craig]], unha estadounidense nada en [[1902]] coa que viviu en Paris até [[1933]]. Nunha das súas primeiras entrevistas trala publicación de ''Voyage au bout de la nuit'' cítaa coma unha das súas mestras. Existen homenaxes a Elizabeth Craig ao longo desa mesma novela (e de feito está dedicada a ela), especialmente nos personaxes de Lola e Molly.
 
En [[1927]] abriu unha consulta privada, que non funcionou, polo que tivo que empregarse como axudante dun dispensario en [[Clichy]]. En [[1931]] deulle o manuscrito de ''Voyage au bout de la nuit'' a unha secretaria para que o mecanografase, sendo publicada ao ano seguinte cunha extraordinaria acollida por parte do público e a crítica.
 
Trala [[Segunda Guerra Mundial]] foi condenado ''[[in absentia]]'' (estando en [[Dinamarca]]) á [[pena de morte]] polo seu [[colaboracionismo]] durante a ocupación [[nazi]] en [[Francia]], se ben a pena foi finalmente condonada. Escapou a [[Alemaña]] (sobre o éxodo escribiu ''[[D'un château l'autre]]'', ''[[Nord]]'' e ''[[Rigodon]]''), sendo condenado despois a un ano de prisión e declarado desgracia nacional. Tralo seu perdón, en [[1951]] regresou a Francia. Finou o 1 de xullo de [[1961]] dun [[aneurisma cerebral]].
 
==Obra==
A súa creación máis famosa é ''[[Voyage au bout de la nuit]]'', unha narración de rasgos [[autobiografía|autobiográficos]] publicada en [[1932]]. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e asqueado nas trincheiras da Primeira Guerra Mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noviazgo cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha [[colonia]] francesa en [[África]]; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o [[colonialismo francés]] ampara a [[pederastia]] e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a ''[[Heart of Darkness]]'', de [[Joseph Conrad]]). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado cercano á [[escravitude]] aos Estados Unidos. Escapa en [[New York]], onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a [[Detroit]], onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do asco que lle dá a súa clientela.
 
A aparición de ''Voyage au bout de la nuit'' foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi [[xerga]]l escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe ca escritores que intentaran antes ca el escribir usando este rexistro, como [[Émile Zola]]. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.
 
De estilo vivísimo, a veces intraducible a causa da propensión a calcar a linguaxe oral, influíu profundamente nas xeracións posteriores. Autores como [[Charles Bukowski]], [[Jean-Paul Sartre]], [[Henry Miller]], [[William S. Burroughs]], [[Kurt Vonnegut]], [[Billy Childish]], [[Irvine Welsh]] ou o contemporáneo [[Alessandro Baricco]] recoñécenlle unha profunda influencia.
 
===Novelas===
*''[[Voyage au bout de la nuit]]'' ([[1932]])
*''[[Mort à crédit]]'' ([[1936]])
*''[[Guignol's band]]'' ([[1944]])
*''[[Casse-pipe]]'' ([[1949]])
*''[[Féerie pour une autre fois]]'' ([[1952]])
*''[[Normance|Normance : Féerie pour une autre fois II]]'' ([[1954]])
*''[[D'un château l'autre]]'' ([[1957]])
*''[[Nord]]'' ([[1960]])
*''[[Le Pont de Londres|Le Pont de Londres : Guignol's band II]]'' ([[1964]])
*''[[Rigodon]]'' ([[1969]])
 
===Cancións===
*''À nœud coulant'' e ''Le règlement'' (1955). Interpretadas polo autor e gravadas por [[Paul Chambrillon]], acompañado ao acordeón por [[Aimable]].
 
==Véxase tamén==