Leonard Bernstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
| web = [http://www.leonardbernstein.com/ Páxina oficial]
}}
'''Leonard Bernstein''' (nacido o [[25 de agosto]] de [[1918]] e falecido o [[14 de outubro]] de [[1990]]), compositor, pianista e director de orquestra estadounidense. Foi o primeiro director de orquestra nacido nos [[Estados Unidos]] que obtivo fama mundial. É coñecido por dirixir a Orquestra Filharmónica de Nova York, os seus "''Concertos para mozos"'' na televisión dos 60 e as súas múltiples composicións, entre elas "''West Side Story"'' ([[1961]]), "''Candide"'' e "''On the town"'' ([[1949]]).
 
== Biografía ==
 
=== Infancia ===
 
Bernstein naceu en [[Lawrence]], [[Massachusetts]] en [[1918]] nunha familia xudía procedente de [[Óblast de Rivne]], [[Ucraína]]. A súa avoa insistiu en que o seu primeiro nome fose Louis, pero os seus pais sempre o chamaron Leonard, que lles gustaba máis. Oficialmente cambiouse o nome aos dezaseis anos. O seu pai, Sam Bernstein, era un home de negocios, e en principio opúxose ao interese do seu fillo pola música. Sen embargoPorén, levouno con frecuencia a concertos. Sendo moi novo, oíu unha interpretación de [[piano]] e quedou inmediatamente cativado, así que empezou a estudar o instrumento. Estudou na escola Garrison e a Boston Latin School. O seu pai rexeitou pagarlle as leccións de piano, polo que Bernstein dedicouse a ensinar a estudantes novos, empregando as ganancias nas súas propias clases de piano.
 
=== Universidade ===