Grunge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:Grunge
Beninho (conversa | contribucións)
m pequenas correcións
Liña 16:
A música grunge está xeralmente caracterizada por guitarras "suxas", fortes riffs e percusión pesada. O son "suxo" é resultado tanto polo uso común de pesada distorsión e de guitarra, como dun cambio estilístico á hora de tocar [[punk rock]]. O grunge implica tempos máis lentos e armonías disonantes que xeralmente non se atopan no punk.
 
As letras falan de temas semellantes como alienamento social, apatía ou un desexo de liberdade. Están normalmente cheas de angustia e temas como a cólera, frustración, medo, depresión e adición a drogas son a cotío exploaradosexplorados nas cancións grunge. O lirismo ten semellanza ao do punk e a percepción da [[xeración X]]. Un grande número de factores poden influenciar a estas letras. Moitas músicos do grunge e fans amosaban un xeral desencanto co estado da sociedade e disconformidade cos prexuízos sociais. Eles foron a miúdo identificados como ''slackers'' (a tradución literal podería ser gandul, e refírese a un mozo con falta de motivación) e o uso das drogas estaba extendido entre eles. Tamén moitos músicos grunge comezaron as súas carreiras na súa adolescencia ou mocidade, entón os sentimentos de angustia eran comúns. Sen embargo, non todas as cancións grunge trataron eses temas: Oo tema satírico de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] "In Bloom" é un claro exemplo dunha omposición en clave humorística. De feito, moitos temas grunge están cheos dun escuro ou divertido sentido do humor tamén (por exemplo, os temas de [[Mudhoney]] "Touch Me, I'm Sick" ou de [[Tad's]] "Stumblin' Man"), aínda que a miúdo pasaba inadvertido polo gran público. O humor no grunge soía satirizar ao [[glam metal]] (por exemplo, "Big Dumb Sex" de [[Soundgarden]]) e outras formas do rock que eran populares durante os anos 80.
 
Os concertos grunge eran coñecidos por ser actuacións moi enérxicas. As bandas evitaban as presentacións complexas, que grupos doutros xéneros, como o [[heavy metal]], soían facer; con espectáculo de luces, pirotecnia e outros efectos visuais. Polo contrario, as bandas actuaban como calquera banda local, usando só os seus instrumentos e voces e a súa propia presenza como ''efectos visuais''. Sen embargo os concertos tiñan un certo nivel de interactividade. Os fans e músicos participaban por igual na actuación, ao estar o público moi cercapreto do escenario, permitindo tal interacción.
 
==Bandas importantes==