Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Terceira Internacional''', coñecida normalmente só por '''Internacional Comunista''', como tamén pola súa abreviatura en [[Lingua rusa|ruso]] '''Komintern''' (Коминтерн, abreviatura de Коммунистический Интернационал, "Internacional Comunista") ou '''Comintern''' (abreviatura do [[Lingua inglesa|inglés]]: Communist International) foi unha organización [[comunista]] internacional, fundada por iniciativa do [[Bolxevique|Partido Comunista de Rusia (Bolxevique)]] en marzo de [[1919]] que agrupaba ós [[Partido Comunista|Partidos Comunistas]] do mundo co obxectivo de loitar pola ''superación do capitalismo, o establecemento da Ditadura do Proletariado e da República Internacional dos Soviets, a completa abolición das clases e a realización do socialismo, como primeiro paso cara aá sociedade comunista'', como aparecía nos seus primeiros estatutos.
 
==Historia da Komintern==
 
===Antecedentes históricos===
Segundo o preámbulo dos primeiros estatutos da Komintern, os seus antecedentes remontanse á [[Asociación Internacional de Traballadores]] fundada, entroutros, por [[Karl Marx]] e [[Friedrich Engels]] en [[Londres]] en [[1864]], e que pola primeira vez agrupaba traballadores de diferentes países. Após a desaparición desa [[Primeira Internacional]] en [[1876]], Engels promoveu a creación da [[Segunda Internacional]] en [[París]] en [[1889]], que agrupaba partidos socialistas, socialdemócratas e laboristas. O inicio da [[Primeira Guerra Mundial]] produciu unha fractura na organización cando o sector dos socialistas reformistas decidiu apoiar os gobernos na declaración da guerra e o sector dos socialistas revolucionarios se opuxeron totalmente a ela. Derivado diso, este sector revolucionario celebrou a [[Conferencia de Zimmerwald]] en [[1915]] e a [[Conferencia de Kienthal]] en [[1916]], que se converteron na base para a Komintern (a Terceira Internacional), creada en marzo de [[1919]] en [[Petrogrado]] como sistema para romper as relacións definitivamente cos sectores reformistas, ós que acusaban de teren traizoado a clase traballadora e de provocaren a destrución da [[Segunda Internacional]].
 
===Constitución e evolución===
A Komintern celebrou sete congresos mundiais, que inicialmente eran de carácter anual e que posteriormente se foron espaciando no tempo.
 
====Do I ó IV Congreso====
O I Congreso Mundial da Internacional Comunista tivo lugar en Petrogrado entre o [[2 de marzo]] e o [[6 de marzo]] de [[1919]]. Os temas fundamentais foron a democracia burguesa e a ditadura do proletariado, así como a necesidade de difundir o sistema de [[soviet|sovietes]]. Tamén se nomeou [[Grigori Zinoviev]] como Presidente do Comité Exectivo da Internacional Comunista (CEIC), a máxima autoridade da Komintern durante o período intercongresual. Estiveron presentes os Partidos Comunistas de Rusia, Alemaña, Austria, Hungría, Polonia, Finlandia, Ucraína, Letonia, Lituania, Biolorrusia, Estonia, Armenia e da Rexión do Volga; tamén grupos comunistas checos, búlgaros, iugoslavos, británicos, franceses e suízos, o Partido Social Democrático de Esquerda de Suecia, o Partido Socialista Laborista de América, a Liga de Propaganda Socialista dos Estados Unidos, o Partido dos Traballadores da China, a Unión de Traballadores de Corea, e seccións comunistas de Turquía, Azerbaixán, Xeorxia, Persia e Turquestán. O Partido Laborista noruegués tamén estivo presente (aínda que a abandonou en [[1923]]). Pola súa banda, o [[Partido Socialista Italiano]] negouse a participar, o que provocou unha escisión interna en [[1921]] que deu orixe ó [[Partido Comunista Italiano]], que si se integrou na Komintern.
 
O II Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre o [[19 de xullo]] e o [[7 de agosto]] de [[1920]]. É o momento do fin da [[Guerra Civil Rusa]] e tamén o momento en que a axitación revolucionaria se estende rapidamente por [[Alemaña]]. Neste Congreso insístese na necesidade de adoptar e propagar o sistema de sovietes, e acórdanse as denominadas [[21 Condicións]] para o ingreso na Komintern diante das numerosas organizacións socialdemócratas que solicitaran a adhesión.
 
O III Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[22 de xuño]] e o [[12 de xullo]] de [[1921]] novamente en [[Moscova]]. Nel combatéronse as posturas ultraesquerdistas dalgúns partidos comunistas como o [[Partido Comunista Alemán]] (KPD) alemán tras o fracaso do [[Levantamento Espartaquista]] e recoñeceuse que a situación mundial tiña mudado na medida en que as revolucións comunistas só triunfaran no Imperio Ruso e fracasaran en Alemaña e en Polonia. Ademais, tratouse especificamente a necesidade de incorporar as mulleres traballadoras ó movemento comunista.
 
O IV Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[30 de novembro]] e o [[5 de decembro]] de [[1922]] en [[Moscova]], incidindo nas tácticas da chamada "fronte única" e tratándose a situación da raza negra e o traballo dos comunistas nos sindicatos. Ademais, trátase a situación dos comunistas en Asia e o Pacífico, e decrétase a incompatibilidade entre a pertenza á masonería e a pertenza a un partido comunista.<ref>[http://tristan.u-bourgogne.fr/UMR5605/publications/histoireenrevolution/histoireenrevolution.pdf Une histoire en révolution? Du bon usage des archives de Moscou et d'ailleurs, baixo dirección de Serge Wolikow] (en [[lingua francesa|francés]])</ref>
 
====Do V ó VII Congreso====
O V Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre xuño e xullo de [[1924]], despois da morte de [[Lenin]] e cando a [[URSS|Unión Soviética]] xa estaba conformada. Marcado polo fracaso da revolución alemana, apróvanse uns novos estatutos que inician a denominada "bolxevización" da Komintern ó insistir en que os partidos membros adopten o sistema organizacional do [[Partido Comunista da Unión Soviética]] (PCUS) na medida en que aquel era o único membro da Internacional con funcións de goberno.
 
No verán de [[1926]], ademais, a Presidencia do CEIC é abolida e substituída pola Secretaría Xeral. [[Nikolai Bukharin]] substitúe [[Grigori Zinoviev]] á fronte da Komintern.
 
O VI Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre xullo e setembro de [[1928]], nun momento de grave crise económica que favorece a aprobación da consigna "clase contra clase" que oficializa o inicio do chamado "Terceiro Período". Apróbase tamén o Programa da Internacional Comunista, reiterando a necesidade da revolución armada como recurso último para a tomada de poder.
 
En abril de 1929, [[Nikolai Bukharin]] é obrigado a demitir do cargo de Secretario Xeral da Komintern acusado de ''dereitista'' pola dirección do PCUS, no momento en que a ascensión de [[Iosif Stalin|Iósiv Stalin]] se confirma imparábel. En substitución de Bujarin é escollido para a Secretaría Xeral o búlgaro [[Georgi Dimitrov]], que dirixirá a Komintern desde [[1934]] até a sua disolución.
 
O VII Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] en agosto de [[1935]]. Após o auxe dos fascismos e o fracaso do programa político aprobado no anterior Congreso, apróbase unha política de frontes populares auspiciada intensamente por [[Stalin]], que xa é gobernante absoluto da [[URSS]] despois de ter eliminado os seus opositores no proceso coñecido como a [[Gran Purga]]. Fronte a esta política de frontes populares, os representantes do [[trotskismo]] avogan pola revolución mundial inmediata. A posición que se aproba é, finalmente, a do PCUS staliniano.
 
===Disolución da Komintern===
A [[Segunda Guerra Mundial]] cortou o contacto do goberno da URSS con numerosos partidos comunistas no resto do mundo, considerando ademais que os países do eixo capitalista receaban do goberno soviético despois do [[Pacto Ribbentrop-Molotov]] celebrado co goberno nazista en agosto de [[1939]]. A invasión da URSS por parte de tropas do [[III Reich]]] en xuño de [[1941]] provocou que a URSS se vise como aliada de dúas potencias capitalistas: [[Gran Bretaña]] e os [[Estados Unidos]]. Nesa tesitura, o [[15 de maio]] de [[1943]], antes da celebración da [[Conferencia de Teherán]], o Presidium do Comité Executivo da Internacional Comunista decreta "a madurez dos partidos comunistas" nacionais e decide disolver a Komintern para evitar os receos das potencias capitalistas aliadas da URSS nese momento.
 
En [[1947]], a instancias de [[Stalin]] é creada a [[Kominform]] (Oficina de Información Comunista]] para substituír a Komintern. O novo organismo reúne os Partidos Comunistas de Bulgaria, Checoslovaquia, Francia, Hungría, Italia, Polonia, a Unión Soviética e Iugoslavia. Porén, é disolta por [[Nikita Khruschev]] como medida de [[desestalinización]] e como consecuencia das críticas dos comunistas franceses e italianos (os máis influentes fora do [[Pacto de Varsovia]]) á intervención militar soviética na [[Revolución Húngara de 1956]]. Ademais, desde [[1960]], diversos acontecementos demostran innecesaria a existencia dun organismo de coordinación como a Kominform: en primeiro lugar, o enfrontamento entre a URSS e Iugoslavia; en segundo lugar, a pugna ideolóxica sostida entre a URSS e a [[China]] [[maoísmo|maoísta]]; e, en terceiro lugar, a primacía efectiva da URSS e do PCUS sobre calquera outra organización comunista.
 
 
==Organización da Internacional Comunista==
Os órganos da Internacional Comunista foron definidos polos seus primeiros estatutos:
 
* O ''Congreso Mundial''. É o órgano que exerce a autoridade máxima da Komintern e que debe reunirse unha vez cada ano (aínda que desde o V Congreso a periodicidade foise espallando). Ten en exclusividade a capacidade modificar o Programa e os Estatutos da Internacional.
 
* O ''Comité Executivo''. É o órgano que detenta a autoridade máxima nos períodos intercongresuais e é escollido polo Congreso Mundial, que decide tanto a súa composición como a súa sé.
 
* O ''[[Presidium]]''. É o órgano que ten a máxima autoridade entre os plenos do Comité Executivo
 
==Organizacións paralelas==
Varias organizacións foron creadas baixo o auspicio da Internacional Comunista. Entre elas, as máis importantes foron:
*[[Internacional Sindical Vermella]] (Profintern)
*[[Internacional da Mocedade Comunista]]
*[[Socorro Vermello Internacional]] (MOPR)
*[[Internacional Campesiña]] (Krestintern)
*[[Internacional Deportiva Vermella]] (Sportintern)
 
==Véxase tamén==
 
*[[Primeira Internacional]] ou [[Asociación Internacional dos Traballadores]]
*[[Segunda Internacional]] ou [[Internacional Obreira e Socialista]]
*[[Terceira Internacional]] ou [[Internacional Comunista Obreira]]
*[[Cuarta Internacional]]
*[[Monumento á Terceira Internacional]]
 
==Enlaces externos==
*[http://www.komintern-online.ru/ Arquivo electrónico da Internacional Comunista] (en [[lingua rusa|ruso]])
*[http://www.comintern-online.com/ Arquivo electrónico da Internacional Comunista] (en [[lingua inglesa|inglés]])
 
==Notas e referencias==
{{listaref}}
 
 
 
 
[[Categoría:Comunismo]]