Benvido(a) á Galipedia, Sálvora!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(non che sinto?) 14:49, 20 de abril de 2010 (UTC)

Edición editar

Sálvora, os ata/até, ó/ao, ble/bel decídeos o primeiro editor. O que se poña primeiro ben está e non precisa de corrección. Todas as formas son correctas desde a reforma de 2003, como saberás. Graciñas polas correccións de Líster, pero cando teñas un momento recupera todo aquilo que non sexan erros, por favor. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:07, 20 de abril de 2010 (UTC)

  • Atobar, as correccións responden ao criterio da RAG, porque as normas ortográficas non só estabelecen formas correctas e incorrectas, senón que, cando hai máis dunha opción correcta, estabelecen cal debe ser a prioritaria (podes comprobar as opcións que utilizan ao redactar o propio documento das Normas de 2003. A miña intención non é andar a corrixir este tipo de escollas. Mais, unha vez "aberto" o documento para corrixir erros de dixitación e o de *Lister por Líster, optei por actualizar eses puntos tamén. Descoñezo se na Galipédia existe algún criterio aceptado universalmente polos editores, ou pola maioria deles. Se é así, non terei ningún problema en recuperar a edición antiga neses puntos. Agradecería que me aclarases este punto. Saúde. --Sálvora 18:29, 20 de abril de 2010 (UTC)
Sálvora, tes que me escribir na miña páxina de conversa; outramente, non me chega aviso. Dito isto, direiche que coñezo ben as normas RAG, e recuncar sobre o mesmo: para os até/ate/ata, ble/bel, aos/ós e similares, respectamos o criterio do primeiro editor. O mesmo para Galiza/Galicia ou estabelecer/establecer. Eu, coma ti, escollo sempre as primeiras formas que escribín pero por suposto non corrixo as outras, porque están aceptadas, sexan ou non recomendadas. Se deixei algo no tinteiro, pregunta en confianza. Un saúdo e ánimo, que hai choio a varrer. --Atobar (conversa comigo) 19:20, 20 de abril de 2010 (UTC)

Texo vs. teixo editar

O teixo (Taxus baccata) é un arbusto, o Texo é un río. A diferencia non estriba na grafía, senón na substancia. Saúde. Xoacas(non che sinto?) 21:42, 20 de abril de 2010 (UTC)