Ana de Cleves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Anna Klevska
Beninho (conversa | contribucións)
m viruela > varíola
Liña 36:
Dado o oco baleiro de consorte do rei deixado tras a morte de [[Xoana Seymour]], buscouse dentro das grandes familias protestantes unha muller que ocupase o trono. Así os embaixadores do rei e mailo pintor [[Hans Holbein o Mozo]], que tiña encarga de pintar os retratos das damas para os enviar logo a Londres, coñeceron a [[Cristina de Dinamarca]], [[Luísa de Guisa]], [[Ana de Lorena]], [[Renata de Guisa]] e Ana de Cleves.
 
Ao ser o duque de Cleves aliado dos príncipes protestantes, o chanceler [[Thomas Cromwell]] decidiu promocionar perante o rei a unión e os beneficios que desta se desprenderían se se realizaba o casamento con súa filla. Encargóuselle ao artista [[Hans Holbein o Mozo]] un retrato de Ana, e Henrique amosouse satisfeito co resultado. Hoxe en día sábese que os artistas da corte tiñan abondosos detalles coas persoas importantes ás que retrataban. Por iso, Holbein disimulou as marcas de viruelavaríola no retrato de Ana.
 
== Divorcio ==
[[Ficheiro:Bruyn Anne of Cleves.jpg|thumb|200px|left|Retrato de Ana de Cleves ao redor de 1540.]]Se cadra por iso, [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] non se sentiu compracido coa chegada de Ana a [[Inglaterra]] aínda que casaron o [[6 de xaneiro]] de [[1540]] no [[Palacio de Placentia]], en [[Greenwich]], preto de [[Londres]]. Henrique arelaba crebar o enlace mais non quería ser violento nin inxusto con Ana, así que decontado atopou un pretexto para o divorcio. Esta maridanza foi o comezo da fin do [[Chanceler]] do rei, [[Thomas Cromwell]], por ser el o que propuxera o matrimonio con Ana de Cleves crendo así que reforzaría os lazos con outros aliados luteranos.