Astarot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
engado discografía
m E que mais? Hamlet aínda non exisitía!
Liña 12:
| web = [http://www.astarot.es/Default.aspx www.astarot.es]
}}
'''Astarot''' é un grupo [[Cangas|cangués]] de [[heavy metal]]- e [[hard rock]]. Nace en [[1983]] coa idea de facer versións heavys para tocar nos locais rockeiros do [[Comarca do Morrazo|Morrazo]].
 
==Traxectoria==
O primeiro concerto foi coa banda [[Vigo|viguesa]] '''Criter''' no baile vello de [[O Hío, Cangas|Hío]]. A partir de 1984 empezan a tocar pola bisbarra e por [[Vigo]], en moitos pubs e discotecas xa desaparecidos como a Laxe de [[Bueu]], a Fantasy de Cangas, o Gran Sol de Nerga, a Cosmos, a Psicosis e o Faros de Vigo, no primeiro Festival Vilariño Rock... Nese ano, despois de varios cambios na formación, xa están tres dos membros actuais: Wes, Carlos Rodal e Carlos Gandón, incorporándose Tebi en 1986.
 
En 1985 é un ano importante. Tocan en Cangas coa banda madrileña [[Hamlet]], enchendo o local. Gravangravan nos estudios Musitron de [[Madrid]] o seu primeiro vinilo, ''Donde se Hospeda el Pasado'', coa produción de Alfredo Garrido. O disco foi aclamado pola crítica, tanto en revistas (Metalhammer, heavy-rock...) como en radios e publicacións.
 
En 1990 o grupo queda finalista no concurso Pop-Rock Gordons, organizado pola cadena de radio [[40 Principales]], celebrado na Discoteca Oh de Madrid. Despois de presentarse xunto con setecentos grupos, chegan 6 á final, o que lles axudou a tocar a semana seguinte no programa ''La quina marcha'' de [[Telecinco]].