Polo celeste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
 
== Consideracións arqueoastronómicas ==
As seguintes consideracións son de caracter arqueoastronómico, non invalidan as interpretacións literarias ou relixiosas dadas aos mitos ou tradicións comentadas, doutra banda, son extrapolables ás culturas do período [[-2800|2800 a.C.]] a [[-1900|1900 a.C.]], nas [[latitudlatitude]]ess 30º a 45º.
 
Na época faraónica o polo norte celeste era marcado pola estrela (α Draconis) tamén chamada "Thubán" (no [[-2800|2800 a.C.]]), na constelación de [[Draco]]. Thubán deixou de marcar o polo para facelo α Ursa minoris aproximadamente no [[-1900|1900 a.C.]]. No imaxinario relixioso exipcio o conxunto de estrelas circumpolares eran sagradas, dado que non se puñan nunca baixo a terra (non tiñan [[ocaso]]), eran pois estrelas inmortais, que rexían o eixo do universo, sosténdoo (o mesmo que o faraón sostén a Exipto), e xunto delas dirixíase o espírito do faraón ao morrer, segundo os [[Textos das Pirámides]].