Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
As '''eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985''' celebráronse o [[24 de novembro]]. Cun censo de 2.226.449 electores, os votantes foron 1.277.897 (57,4%) e 948.552 as [[abstencionismo|abstencións]] (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. [[Coalición Popular]] gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da [[Xunta de Galicia]] a [[Xerardo Fernández Albor]] grazas á abstención de [[Coalición Galega]], o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por [[Pablo González Mariñas]] que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o [[Partido Nacionalista Galego]]. Tamén ese ano, o [[Partido Demócrata Popular|PDP]], e en 1987 o [[Partido Liberal (España, 1976)|PL]], abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.
 
En outubro de 1986 [[Xosé LuisLuís Barreiro]] é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, [[Unión Democrática Galega]] (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en [[Coalición Galega]]. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.
 
Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a [[Fernando González Laxe]] ([[PSdeG-PSOE]]), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.