Efecto Doppler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
No caso do [[espectro visible]] da [[liña espectral|radiación electromagnética]], co obxecto emisor (normalmente unha [[galaxia]]) alonxándose do observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida semella terse desplazado a unha [[lonxitude de onda|lonxitudes de onda]] mais longa, corréndose ao vermello as [[liñas de Fraunhofer]]. Cando se achega o obxeto emisor ao observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida presentase nunha frecuencia mais curta, corréndose ao azul. Esta desviación ao vermello ou o azul é moi feble incluso para velocidades elevadas da fonte emisora, como nas velocidades relativas entre estrelas ou entre galaxias, e o ollo humán non pode captalo -a ollo nú-, somentes pode medilo indirectamente con instrumentos de precisión como o [[espectrómetro]].
 
Se o obxecto emisor poidese moverse a fraccións significativas da [[velocidade da luz]], entón sí podería apreciarse de forma directa, a ollo nú. Notese que na relatividade de Einstein a luz ten velocidad constante no baleiro (con frecuencia e lonxitude de onda constantes) polo que neste caso o espectro de emisión/absorción do obxecto parecería frearse, no límite do infravermello ou do ultravioleta (non o traspasaría porque nese caso, <math> \ E = m \cdot\ {c^2} </math>, convertiríase a masa en enerxia pura, desaparecendo as liñas de absorción do espectro da luz segundo a interpretación ortodoxa da relatividade especial), a este efesto denominaselle [[efecto doppler relativista]].
[[Image:XYCoordinates.gif|frame|right|Diagram 2. Demonstración da [[aberracíon da luz]] e efecto doppler relativista. O punto azul é o observador, a frecha o vector velocidade]]
 
== Casos cotiáns de Doppler acústico ==