Europa (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m retiro {{seniw}}
m desligando Europa, ligando Europa (mitoloxía)
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Rembrandt Abduction of Europa.jpg|right|300px]]
Na mitoloxía clásica o amor que [[Europa (mitoloxía)|Europa]], filla de [[Axenor]] e [[Telefasa]] inspira a [[Zeus]] fai que este adopte a forma dun touro e a rapte.
 
[[Zeus]] viu a [[Europa]] cando estaba a xogar coas súas compañeiras na praia de [[Sidón]], ou de [[Tiro]], onde reinaba o seu pai. [[Zeus]], inflamado de amor pola súa beleza converteuse en touro de resplandecente brancura e cornos semellantes a un crecente luar e con esta forma foi tombarse aos pes da doncela. Esta, asustada o principio, foi cobrando ánimo, acariciou ao animal e acabou por sentarse no seu lombo. De súpeto, o touro levántase e métese nas augas do mar. A pesar dos chíos de [[Europa]], que se aferra ós cornos do touro, Zeus adéntrase nas ondas do mar e afástase da beira e deste xeito chegaron a [[Creta]]. En [[Gortina]], [[Zeus]] únese á moza xunto unha fonte e baixo uns plátanos que, en memoria destes amoríos, obtiveron o privilexio de non perder xamais as súas follas.