Serra do Courel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
algún cambio
Liña 5:
Ten unha extensión de 21.020 hectáreas con fortes variacións de altitude, que van dende os 400-500 m no val do [[río Lor]] a máis de 1.600 m nos puntos máis altos como [[Montouto]], [[Formigueiros]] (1.643 m) ou o pico de [[Piapaxaro|Pía Paxaro]] (1.610 m). O [[río Lor]], e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de [[Galiza]]. A poboación esparéxese de xeito disperso, formando numerosos núcleos de poboación.
 
Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de [[uro (animal)|uro]] (''Bos primigenius'') achados en todo o país<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/03/12/0003_8349371.htm?idioma=galego Descobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia], ''La Voz de Galicia'', 12 de marzo de 2010.</ref>.
 
Estas terras foron un gran referente nas obras de [[Uxío Novoneyra]], poeta e escritor natural de Parada de Moreda.